Co termo de mesosfera podemos referirnos a:

En meteoroloxía, a mesosfera é a parte da atmosfera situada por riba da estratosfera e por debaixo da termosfera. Na mesosfera a temperatura diminúe coa altura ata chegar a uns -80 °C ós 80 quilómetros aproximadamente. En xeoloxía, a mesosfera é a parte do manto situada entre a astenosfera e a descontinuidade de Gutenberg. O seu estado físico é sólido, e é unha capa moi ríxida.