O Liezi ou Lie Zi (chinés tradicional e simplificado: 列子; pinyin: Liè Zĭ; Wade-Giles: Lieh4-tzu3) é unha das tres obras fundamentais do taoísmo filosófico, xunto coas máis coñecidas de Laozi e Zhuangzi. É atribuído a Lie Yukou, a quen se considera un personaxe lendario.
O texto foi inscrito na librería imperial co nome de "Tratado da Perfecta Vacuidade". Xeralmente é considerada a máis práctica das obras taoístas principais, fronte ao máis filósofico Daodejing ou ao máis poético Zhuangzi.
Historia As primeiras referencias ao Liezi proceden da primeira metade da dinastía Han. O editor Liu Xiang afirmou ter eliminado repeticións no texto, que organizou en oito capítulos ou pian 篇. O Han shu coincide en atribuírlle oito capítulos, e conclúe que o texto debe ser anterior a Zhuangzi, xa que este o cita no seu libro. O Liezi non volve mencionarse até a dinastía Jin, co comentario elaborado por Zhang Zhan. Todas as versións conservadas na actualidade proceden da edición de Zhang, dividida en oito capítulos ou juan 卷.
Durante o reinado do emperador Xuanzong dos Tang, o Liezi foi elevado á categoría de clásico daoísta, xunto co Daodejing e mais o Zhuangzi. Recibiu o nome de Chongxu zhenjing 沖虛真經 ("Tratado da perfecta vacuidade").
Estrutura e contidos Estrutura O Liezi consta de oito capítulos, recollidos na seguinte táboa:
Capítulo Chinés Pinyin Tradución 1 Tiān ruì As beizóns do ceo 2 Huángdì O Emperador Amarelo 3 Zhōu Mù wáng O rei Mu dos Zhou 4 Zhòngní Confucio 5 Tāng wèn As preguntas de Tang 6 Lì mìng O esforzo e o destino 7 Yáng Zhū Yang Zhu 8 Shuō fú Explicación dos signos Moitos destes capítulos reciben o seu nome de célebres figuras históricas ou da mitoloxía chinesa. Así, aparecen os reis sabios da antigüidade, como o Emperador Amarelo (c. 2698- c. 2599 a. C.), o rei Tang de Shang (c. 1617-c. 1588 a. C.) ou o rei Mu de Zhou (c. 1023-c. 983 a.C.), xunto con filósofos como Confucio (551-479 a.C.) ou Yang Zhu (século IV a. C.).
Contidos Adoita considerarse que o Liezi é a máis práctica das grandes obras daoístas, en comparación coa narrativa poética do Daodejing ou as reflexións filosóficas do Zhuangzi. Por exemplo, ofrécese esta descrición da experiencia daoísta pura:
Traducións En castelán Lie Zi: El libro de la perfecta vacuidad (1987). Tradución de Iñaki Preciado Idoeta. Editorial Kairós.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Liezi (La literatura china traducida en España).
Categoría:Taoísmo Categoría:Filosofía chinesa