O 9 de marzo de 2008 tiveron lugar as eleccións a Cortes Xerais en España (9-M).Zapatero confirma que las elecciones generales se celebrarán el 9 de marzo, en (elpaís.com) Foron as décimas eleccións xerais que tiveron lugar dende a Transición, e serviron para renovar os 350 escanos do Congreso dos Deputados e 208 do Senado. Estas eleccións deron paso á IX Lexislatura. Ese mesmo día tamén se celebraron as eleccións autonómicas na comunidade autónoma de Andalucía.
Características En total, concorreron os comicios un total de 92 partidos políticos, sumando un total de 1130 candidaturas ao Congreso e 1235 ao Senado, un 30 % máis das listas que se rexistraron para as eleccións xerais de España de 2004.«9-M.- Un total de 92 partidos optan a los 350 escaños del Congreso y 89 compiten por 208 actas en el Senado», Europa Press, 12 de febrero de 2008. As xuntas electorais rexeitaron un total de 40 candidaturas, entre as que destacan as listas de Acción Nacionalista Vasca e as da coalición Centro Democrático y Social-Unión Centrista Liberal, as dúas únicas formacións nas que foron anuladas todas as súas candidaturas.«Las Juntas Electorales rechazan 40 candidaturas, entre ellas las ocho de ANV» , en Público, 12 de febrero de 2008.
Os resultados das eleccións xerais deron como vencedor ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE) que obtivo 169 escanos ao Congreso dos Deputados (5 máis cá no 2004) e un 43,87 % de votos fronte ao Partido Popular (PP) que obtivo 154 deputados (6 máis cá no 2004) e un 39,94 % de votos. Convergencia i Unió (CiU) logrou os mesmos deputados que en 2004, 10 en total. Izquierda Unida (IU) perdeu o grupo propio no Congreso dos Deputados ao conseguir soamente 2 escanos o que o deixa no grupo mixto. Por outra parte o Partido Nacionalista Vasco (PNV) perde un escano, pasando de 7 a 6 deputados, ao igual que Coalición Canaria (CC), que pasa de 3 a 2 deputados. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Nafarroa Bai (Na-Bai) mantiveron os seus escanos, mentres que Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) perdeu 5 deputados. Unión Progreso y Democracia (UPyD) conseguiu un deputado en Madrid, polo que Rosa Díez entra no Congreso. Así mesmo Eusko Alkartasuna (EA), Chunta Aragonesista (CHA) e Nueva Canarias (NC) perderon a súa representación parlamentaria.
No Senado o PSOE obtivo 89 postos, oito máis ca no 2004, mentres que o Partido Popular perdeu un para quedar con 101.Zapatero podrá gobernar más cómodo, 20 minutos, 10 de marzo de 2008. A Entesa Catalana de Progrés, que abrangue PSC, ERC, ICV e EUiA obtivo 12 senadores.
Nas eleccións ao Parlamento de Andalucía venceu o PSOE que obtivo 56 escanos, cinco menos que en 2004 pero que lle permiten gobernar con maioría absoluta. O Partido Popular obtivo 47 escanos, dez máis que en 2004, Izquierda Unida mantívose con 6 escanos e a Coalición Andalucista perdeu os cinco escanos que obtivera en 2004.Chaves 'tripite' mayoría absoluta, 20 minutos, 10 de marzo de 2008.
Convocatoria electoral O 14 de febreiro o goberno aprobou o decreto de disolución das Cortes Xerais e de convocatoria das eleccións, que se celebrarán o domingo 9 de marzo de 2008 (xa fora avanzado, de forma oficiosa, por diversos medios de comunicaciónEl PSOE se prepara para la celebración de las elecciones generales el 9 de marzo Ya.com. 29 de xullo de 2007 e confirmado posteriormente polo presidente do goberno. As Cortes disolvéronse o 14 de xaneiro, a campaña electoral comezou o 22 de febreiro e concluirá o 7 de marzo. O día coincidiu coas eleccións ao parlamento andaluz e esgota a lexislatura ao máximo (as anteriores eleccións celebráranse o 14 de marzo de 2004).
Precampaña electoral e preparación das candidaturas Partido Socialista Obrero Español
O PSOE afronta as eleccións liderado por José Luis Rodríguez Zapatero, que foi proclamado como candidato á presidencia do Goberno o 25 de novembro de 2007Avanzar se escribe con «z» de Zapatero, Diario de León, 6 de decembro de 2007.. Ningún outro membro do partido anunciou a súa intención de presentarse como candidato.
Candidatos en Galicia As listas do PSdeG-PSOE ás eleccións de marzo de 2008 estarán encabezadasBlanco, Espinosa, Molina e Louro, as cabezas do PSOE para as xerais, Vieiros, 22/10/2007 por: César Antonio Molina (provincia da Coruña) Elena Espinosa (provincia de Ourense) Antón Louro (provincia de Pontevedra) Xosé Blanco (provincia de Lugo)
Outros candidatos do PSOE A vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, anunciou o 20 de outubro de 2007 nun acto público no Palacio de Congresos de Valencia que se presentaría como cabeza de lista pola circunscrición de ValenciaFernández De la Vega será cabeza de lista del PSOE por Valencia en las próximas elecciones, El Mundo, 20/10/2007. O vicepresidente segundo do Goberno, Pedro Solbes, que xa superou a idade de xubilación, confirmou nunhas declaracións que Zapatero lle ofrecera seguir como ministro de Economía, e que aínda non tomara unha decisión ao respecto.Solbes confirma que Zapatero le ha ofrecido seguir como ministro de Economía y que lo está pensando, El País, 18/10/2007 Finalmente, o 16 de novembro, Solbes aceptou continuar no Goberno, polo menos até mediados da Lexislatura.Solbes acepta la oferta de Zapatero de seguir en el Ejecutivo, El País, 19/11/2007
O presidente do Congreso, Manuel Marín, anunciou o 15 de novembro de 2007 que deixaría a política ao final da lexislatura para dedicarse á loita contra o cambio climático nas universidades.El presidente del Congreso deja la política y se dedicará a investigar sobre el cambio climático, El Mundo, 16/11/2007. Meses antes filtrárase que Zapatero lle propuxera ao exministro de Defensa, José Bono, que volvese á política como cabeza de lista pola circunscrición de Toledo, co fin de ocupar a presidencia da Cámara Baixa en substitución de MarínZapatero ofrece a Bono liderar la lista socialista por Toledo y presidir el Congreso, El Mundo, 9/07/2007.
Programa electoral O coordinador do programa electoral do PSOE é o ministro de Traballo, Jesús Caldera. O partido iniciou a súa precampaña o 18 de outubro de 2007, e empregou a frase "Con Z de Zapatero" como lema preelectoral. A presentación desta campaña realizouse mediante un vídeo Vídeo 'Con Z de Zapatero', Youtube onde o presidente xogaba coa súa forma de falar (pronunciación do "d" ao final de palabra como "z") e presentaba as accións do Goberno durante a lexislatura.
Para a elaboración do programa electoral, o PSOE contou co asesoramento dun panel de intelectuais formado por 14 persoas: o Nobel de Economía Josep Stiglitz; as Nobel da Paz Wangari Maathai e Helen Caldiccot, os expertos en economía Nicholas Stern, Jeremy Rifkin, André Sapir, Torben Iversen e María João Rodrigues; os expertos en ciencias políticas Philip Pettit, Wolfgang Merkel e Guillermo O'Donell; e intelectuais noutros ámbitos, como a socióloga Marie Duru-Bellat, o filósofo George Lakoff e a escritora Barbara Probst SolomonEl PSOE atrae a tres premios Nobel al equipo de su programa electoral, El País.
Partido Popular Candidato 200px|miniatura|Mariano Rajoy. Mariano Rajoy, que liderou o PP durante toda a lexislatura, foi designado candidato oficial ás eleccións nunha xunta directiva que o seu partido levou a cabo o 10 de setembro de 2007 Rajoy, candidato do PP á Presidencia nas eleccións de marzo, Axencia France Press, 10 de setembro de 2007. A proclamación da súa candidatura tivo lugar o 27 de outubro en Valencia.Rajoy: "Soy el candidato del mejor partido de Europa", El País, 27/10/2007. Ningún outro membro do PP anunciou a súa intención de presentarse como candidato.
Candidatos por Galicia Os candidatos do Partido Popular polas circunscricións galegas aínda non foron elixidos oficialmente, pero os seus nomes serán segundo algunhas fontes"9-M. - Ana Pastor e Antonio Erias perfílanse como cabezas de lista do PP por Pontevedra e A Coruña, respectivamente", artigo de Europa Press en Vieiros: Antonio Erias Rey (provincia da Coruña) Joaquín García Díez (provincia de Lugo) Celso Delgado Arce (provincia de Ourense) Ana Pastor (provincia de Pontevedra)
Outros candidatos do PP O alcalde de Madrid, Alberto Ruiz-Gallardón, manifestou en repetidas ocasións durante o verán de 2007 a súa interese por ir nas listas do PP para conseguir un escano no Congreso dos Deputados.Gallardón reafirma su deseo de ser diputado, 20minutos, 20/8/07. Finalmente, Gallardón foi excluído das listasRajoy comunica a Aguirre y Gallardón que no irán en listas del PP por Madrid , El Correo Gallego, 15.01.08, o que motivou a súa decisión de abandonar a política despois dos comicios de marzoRajoy excluye a Gallardón de las listas y el alcalde decide abandonar la política, El País, 16.01.08.
Programa electoral
O coordinador do programa electoral do PP foi o ex ministro de Ciencia e Tecnoloxía, Juan Costa. O acto central de inicio de precampaña tivo lugar durante a terceira fin de semana de novembro de 2007, coa celebración dunha conferencia política na que o PP expuxo as súas liñas xerais do seu programa electoral. O feito de que ese acto fose unha conferencia e non unha convención (de ser unha convención tería que ser inaugurada polos presidentes de honra do partido Manuel Fraga e José María Aznar) foi interpretado por algúns medios como unha estratexia para non restarlle protagonismo ao candidato.El PP limita el alcance de un acto y evita que hable Aznar, El País, 15/11/2007.
Izquierda Unida Gaspar Llamazares foi designado candidato por Izquierda Unida ás eleccións xerais do 2008, tras vencer nas primarias do seu partido co 62,5% dos votos. A outra candidata, Marga Sanz, obtivo o 37,5%. O Consello Político Federal IU ratificou a candidatura de Llamazares.
Bloque Nacionalista Galego O 23 de outubro de 2007 a Executiva Nacional do BNG propuxo os candidatos a encabezar as listas electorais nas catro circunscricións galegas: Francisco Jorquera (A Coruña) Paz Abraira (Lugo) Iago Tabarés (Ourense) Olaia Fernández Dávila (Pontevedra)
Esta decisión foi aprobada polo Consello Nacional o 9 de novembroEl Bloque renueva a tres de sus cabezas de lista para las generales , El Correo Gallego, 10 de novembro de 2007.. O seu primeiro lema de precampaña foi Máis forza en Madrid!O BNG aproveita o seu tirón para tentar ter máis forza no Congreso, Xornal.com, 6 de decembro de 2007 e o segundo Contigo Galiza decide.
Candidatos
Candidatos á presidente do Goberno de España:
Partido Socialista Obrero Español: José Luis Rodríguez Zapatero Partido Popular: Mariano Rajoy Esquerda Unida: Gaspar Llamazares Unión, Progreso y Democracia: Rosa Díez
Outras formacións non presentan candidatos a presidente; estes son os candidatos polas provincias máis importantes ou que tradicionalmente ocuparon o posto de voceiros. Convergència i Unió: Josep Antoni Duran i Lleida (Barcelona) Esquerra Republicana de Catalunya: Joan Ridao i Martín (Barcelona) Partido Nacionalista Vasco: Josu Erkoreka (Biscaia) Bloque Nacionalista Galego: Francisco Jorquera (A Coruña) Coalición Canaria: Ana Oramas (Tenerife) Eusko Alkartasuna: Nekane Alzelai (Guipúscoa) Nafarroa Bai: Uxue Barkos Coalición Andalucista: Pilar González Modino (Sevilla) Chunta Aragonesista: Bizén Fuster (Zaragoza) Unitat per les Illes: Pere Sampol (Illas Baleares) Bloc-Iniciativa-Verds: Isaura Navarro (Valencia)
Tamén presentaran candidaturas outras formacións, entre elas Acción Nacionalista Vasca, que foi anulada polo Tribunal SupremoLos candidatos de ANV llaman a la abstención en las próximas elecciones , Deia, 21.02.08.
Campaña electoral