O 27 de agosto e o 239º día do ano do calendario gregoriano e o 239º nos anos bisestos. Quedan 126 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1105 - O rei cruzado Balduíno I vence os Fatimidas de Exipto na batalla de Ramla. 1813: no marco das guerras napoleónicas, Napoleón Bonaparte obtén unha vitoria fronte á Sexta Coalición na batalla de Dresde. Será a última vitoria de Napoléon en Europa Central. 1828 - Independencia do Uruguai respecto da dominación brasileira. 1859 - Descóbrese petróleo en Pensilvania, Estados Unidos. Primeiro xacemento descuberto para explotación comercial. 1883 - O volcán Krakatoa entra en erupción. A explosión é visible a 5.000 quilómetros. 1936 - Son executados no cemiterio de Pereiro (Vigo) os republicanos Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana, Antonio Bilbatúa Zubeldía, Emilio Martínez Garrido, José Antela, Ramón González Brunet, Apolinar Torres, Ubaldo Gil Santóstegui e Manuel Rey Gómez. 1991 - Moldova declara a súa independencia da Unión Soviética. 2000: accidente ferroviario preto da estación de Barra de Miño (Coles). Un turismo foi arrollado por un tren nun paso a nivel sen barreiras, con catro persoas mortas e unha ferida de gravidade."Cuatro muertos y un herido en Orense tras ser arrollado un vehículo por un tren en un paso a nivel sin barreras", ABC, 28 de agosto de 2000, p. 34 .
Nacementos miniatura|100px|Hegel. 1770 - Georg Wilhelm Friedrich Hegel, filósofo alemán (m. 1831). 1845 - Ödön Lechner, arquitecto modernista (m. 1914). 1858 - Giuseppe Peano, matemático italiano (m. 1932). 1870 - Amado Nervo, escritor mexicano (m. 1919). 1874 - Carl Bosch, químico alemán, Premio Nobel (m. 1940). 1879 - Rowland Hill, profesor e reformador social británico (n. 1795). 1884 - Vincent Auriol, presidente de Francia (m. 1966). 1899 - Eduardo Torroja Miret, enxeñeiro e arquitecto español (m. 1961). 1903 - Florencio Delgado Gurriarán, escritor galego (m. 1987). 1908 - Lyndon Johnson, presidente de Estados Unidos (m. 1973). 1913 - Manuel González Oliveira, fotógrafo galego (m. 2002). 1915 - Norman Foster Ramsey, físico estadounidense, Premio Nobel (m. 2011). 1929 - Ira Levin, escritor estadounidense. 1941 - Cesária Évora, cantante caboverdiana (m. 2011). 1953 - Rosa Miguélez, política galega. 1976 - Carlos Moyá, tenista español.
Mortes miniatura|100px|Le Corbusier. 1635 - Lope de Vega, escritor español (n. 1562). 1677 - Mateo de Prado, escultor galego. 1860 - José Rodríguez Seoane, escritor galego (n. 1839). 1930 - Justo Martínez Martínez, médico, militar e político galego (n. 1842). 1936 - José Pintos Quinteiro, político galego (n. 1899). 1936 - Manuel Ferreiro Panadeiro, político republicano galego (n. 1903). 1950 - Cesare Pavese, escritor italiano. 1958 - Ernest Lawrence, físico estadounidense (n. 1901). 1962 - Leopoldo Panero, poeta español (n. 1909). 1963 - W.E.B. Du Bois, escritor afroamericano (n. 1868). 1965 - Le Corbusier, arquitecto francés (n. 1887). 1975 - Haile Selassie, emperador de Etiopía. 1976 - Cosme Vázquez, futbolista galego (n. 1904). 1979 - O almirante británico Louis Mountbatten é asasinado polo IRA pola explosión do barco de pesca Shadow V, en Irlanda. 1990 - Ramón Piñeiro, político, intelectual e escritor galego (n. 1915). 2011 - Heribert Barrera, político catalán (n. 1917). 2014 - Peret, músico catalán (n. 1935).
Festas e celebracións Romaría do San Vitoiro
Outros Santoral: Santa Mónica, Margarida e Roldán.
Os 366 días do ano
Ver tamén - meses: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro
Notas
Categoría:Agosto