miniatura|As Nereidas de Gaston Bussiere. Na mitoloxía grega, as Nereidas (en grego antigo Νηρείδες Nêreídes ou Νηρηίδες Nêrêídes, en singular Νηρείς Nêreís ou Νηρηίς Nêrêís, de νέειν néein, 'nadar') eran as cincuenta fillas de Nereo e de Doris.
Considerábanas as ninfas do mar, posto que vivían nas profundidades do océano; no en tanto emerxían á superficie para axudar os mariñeiros que asucaban os procelosos mares, sendo os argonautas os máis famosos entre os que socorreron mentres viaxaban en procura do vélaro de ouro. Aparécense aos homes do mar montadas en golfiños e outros animais mariños. Os gregos adorábanas en altares nas beiras de mares e cantís, onde lles ofrendaban leite, aceite e mel.
Representaban todo aquilo que houbese de fermoso e amable no mar. Cantaban con voz melodiosa e bailaban ao redor do seu pai. Represéntanse coroadas por ramas de coral e portando o tridente de Poseidón, de cuxo séquito formaban parte.
As máis importantes eran Tetis (muller de Peleu e nai de Aquiles), Galatea (amante de Acis e que namorou ao ciclope Polifemo) e Anfitrite (muller de Poseidón).
Na arte clásica atópanse habitualmente con golfiños, monstros mariños e ata algún hipocampo.
Catálogo das Nereidas A relación de nereidas aparece nas obras de varios autores clásicos, diferindo dunha a outra. Pseudo-ApolodoroPseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 2, 7. HesíodoHesíodo, Teogonía 240 ss. HixinioHixinio, Fábulas, prólogo HomeroHomero, Ilíada XVIII, 389 ss. Actea Actea Actea Actea Ágave Ágave Ágave Ágave Amatea Amatea Anfínome Anfínome Anfítoe Anfítoe Anfítrite Anfítrite Apseudes Apseudes Aretusa Asia Autónoe Autónoe Beroe Calianasa Calianasa Calianira Calipso Ceto Cídipe Cimatóloge Cimo Cimódoce Cimódoce Cimódoce Cimótoe Cimótoe Cimótoe Cimótoe Clímene Clímene Clío Cranto Creneis Dero Dexámene Dexámene Deyopea Dinámene Dinámene Dinámene Dinámene Dione Doris Doris Doris Doto Doto Doto Doto Drimo Éfira Erato Erato Espeo Espeo Espeo Espeo Eucranta Eucranta Eudora Eudora Eulímene Eulímene Eumolpe Eunice Eunice Eupompa Eurídice Evágora Evágora Evarne Éyone Éyone Ferusa Ferusa Ferusa Ferusa Filodoce Galatea Galatea Galatea Galatea Galene Glauce Glauce Glauce Glaucónome Glaucónome Halia Halia Halia Halimeda Halimeda Hipónoe Hipónoe Hipótoe Hipótoe Janta Laomedea Leágora Leucótoe Licoria Ligea Limnorea Limnorea Limnorea Lisianasa Lisianasa Mélite Mélite Mélite Mélite Menipe Mera Mera Nausítoe Nemertes Nemertes Nemertes Neomerís Nesea Nesea Nesea Nesea Neso Opis Oritía Oritía Panopea Pánope Pánope Pánope Pánope Pasítea Plexaura Ploto Polínoe Polínome Pontomedusa Pontoporea Prónoe Proto Proto Proto Proto Protomedea Psámate Psámate Sao Sao Talía Talía Temisto Tetis Tetis Tetis Toa Toa Toa Yanasa Yanasa Yanira Yanira Yanira Yera Yera Yone
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Ninfa (mitoloxía)
Ligazóns externas Nereids Nereides As Nereidas dos mosaicos romanos