miniatura|Un dingui, pequena embarcación de recreo Unha embarcación é calquera vehículo deseñado para viaxar a través de masas de auga, como un barco, unha barca, un bote, un aeroescorregador, un submarino, un sumerxible, etc

Tipos As embarcacións pódense agrupar en:

Embarcacións de superficie: barcos, iates, remolcadores, hidroplanos, ekranoplanos, vehículos non tripulados, veleiros, ... e embarcacións de propulsión humana como balsas, canoas, caiacs, táboas de surf ou paddle, ... Embarcacións submarinas: submarinos, sumerxibles, vehículos submarinos non tripulados, propulsores de mergullo, ... Vehículos anfibios: aeroescorregador, automóbiles anfibios, hidroavións, ...

Deseño miniatura|240x240px|Construción naval con aceiro, 1973 O deseño das embarcacións require unha compensación entre a capacidade interna (tonelaxe), a velocidade e a navegabilidade. O tonelaxe é importante para o transporte de mercadorías, a velocidade é importante para os embarcacións de guerra e as embarcacións de carreiras e o grao de navegabilidade varía segundo as masas de auga nas que se utilice unha embarcación. A normativa aplícase ás embarcacións máis grandes, para evitar o naufraxio e outros problemas. As tecnoloxías de deseño inclúen o uso de modelos informáticos de simulación e probas de modelos na canle de ensaios hidrodinámicos.

O deseño cóncavo a base de madeira, metal, plástico ou outro material responde ao principio de Arquímedes.

Propulsión A propulsión das embarcacións conséguese das seguintes maneiras:

A enerxía hidráulica utilízase á deriva coa corrente fluvial ou cunha corrente da marea. O esforzo humano utilízase a través dun pau de empurre nas augas pouco profundas ou a través de remos que operan na superficie da auga. A enerxía eólica é utilizada polas velas. O remolque utilízase, xa sexa desde a terra, como a marxe dunha canle, coa forza motriz proporcionada por animais de tiro, humanos ou maquinaria, ou outra embarcación de remolque. A propulsión mecánica utiliza un motor cuxa potencia se deriva da queima dun combustible (diésel, eléctrica, gasolina nas pequenas embarcacións e turbinas a gas) ou da enerxía almacenada como as baterías. Esta potencia convértese habitualmente en propulsión mediante hélices ou hidrojets, ou antigamente as rodas de paletas. Propulsión nuclear usada en grandes embarcacións coma submarinos nucleares, portaavións e crebaxeos. Antiguamente tamén se usaron as turbinas de vapor ou as caldeiras.

Galería

Notas

Véxase tamén Outros artigos Barco Nave

Categoría:Embarcacións