miniatura|Edificio do antigo Instituto Pasteur O Instituto Pasteur de París é unha fundación francesa sen fins de lucro cuxa misión é contribuír á prevención e o tratamento das enfermidades, especialmente as infecciosas, a través da investigación, a ensinanza e as accións de saúde pública.

Historia O instituto fundouse o 4 de xuño de 1887, grazas a unha subscrición nacional, sendo inaugurado o 14 de novembro de 1888.

O seu nome alude a Louis Pasteur, fundador e primeiro director que desenvolveu o soro antirrábico. Durante máis dun século, o Instituto Pasteur estivo na investigación de punta nas enfermidades infecciosas. Ao longo da súa existencia, contribuíu con descubrimentos que permitiron á medicina controlar enfermidades virulentas como a difteria, o tétanos, a tuberculose, a poliomielite, a gripe e a febre amarela. O instituto foi o primeiro laboratorio que logrou illar ao HIV, que provoca a SIDA.

Dende 1908, oito científicos deste Instituto obtiveron o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio oficial do Institut Pasteur International Sitio oficial do Institut Pasteur France Sitio oficial do Institut Pasteur Lille Sitio oficial do Institut Pasteur Belgique Sitio oficial do Institut Pasteur Maroc Sitio oficial do Institut Pasteur Korea Sitio oficial do Institut Pasteur de Nouvelle-Calédonie Sitio oficial do Instituto Pasteur de Montevideo

Categoría:París Categoría:Institucións científicas Categoría:Investigación Categoría:Organizacións médicas de Francia