Aureliano José Pereira de la Riva, nado en Lugo o 22 de xaneiro de 1855Máiz (2006), p. 14 e finado en Madrid o 31 de outubro de 1906,Carballo (1975), p. 439Máiz (2006), p. 34 foi un político, xornalista e escritor galego.

Traxectoria De orixes familiares humildes, non lle foi posible cursar estudos superiores.

Labor periodístico Desempeñou o labor de xornalista en publicacións periódicas como El Heraldo Gallego, El Diario de Lugo e El Regional (que dirixiu desde a súa fundación en 1884 ata 1893). Colaborou con varios periódicos e revistas como La Ilustración Republicana Federal (1872),​ El Bazar (1874), La Familia (1875), Barcelona Cómica (1895), La Ilustración Española y Americana​ o El País. A finais de 1899, en Madrid, encargouse da dirección, e foi redactor, da revista Nuevo MundoRevista Gallega, 244, 12-11-1899, p. 3., El Nacional e outros periódicos.Ossorio (1903), p. 339

Ideoloxía política Liderou o rexionalismo federalista da segunda metade do século dezanove. Estivo afiliado durante anos ao Partido Republicano Federal de Galicia,Máiz (2006), p. 35 no que ocupou cargos de certo relevo provincial, chegando a ser elixido concelleiro de Lugo en 1887. O seu peso na organización federal viría confirmarse ao ser nomeado, conxuntamente con Manuel Mosquera Lequerica e Modesto Moyrón, membro da comisión encargada, xunto a Moreno Barcia, da redacción do Proxecto de Constitución para o futuro Estado Galego, texto clave do federalismo en Galicia, que sería discutido e aprobado na Asemblea de Lugo do 2 ao 7 de xullo de 1887.

Sen abandonar o federalismo, en 1890 intégrase na Asociación Regionalista Gallega de Manuel Murguía e Alfredo Brañas, como Secretario do Comité Rexionalista de Lugo. Sendo un caso único no galeguismo do século XIX, ao articular o rexionalismo cultural e político co federalismo republicano.

Republicano convencido, contrario ao caciquismo, partidario dunha sociedade laica e inimigo do sistema foral, foi un home preocupado pola situación da muller do seu tempo e un simpatizante do movemento obreiro.

Apartado da practica política rexionalista desde 1893, apoia o Partido Liberal Fusionista. En 1894 trasládase a Madrid cun posto de modesto funcionario no Ministerio de Fomento, e alí tamén, afastado de Galicia, transcorreron os derradeiros anos da súa vida.

Obra miniatura|Aureliano José Pereira de la Riva. Entre a súa obra poética, na súa totalidade en lingua galega, destacan Cousas da aldea (1891) Terra a miña (1891) e A cova da serpe (1892), coas que obtería galardóns diversos en certames e xustas. Publicou ademais numerosas composicións soltas en xornais e revistas. Así mesmo, preocupado polo futuro da literatura galega, sentiu a necesidade de crear unha editorial, obxectivo que se acadaría finalmente co nacemento da Biblioteca Gallega, impulsada por Andrés Martínez Salazar e Juan Fernández Latorre.

Títulos Soledad, Lugo, 1879.Soledad El Regionalismo, Barcelona, 1887.El Regionalismo Poesías, Lugo, 1891 (con D. L. González López).Poesías Romancero de la ciudad de Lugo, Lugo, 1892.Romancero de la ciudad de Lugo A Cova d'a serpe, Lugo, 1892.A Cova d'a serpe El Regionalismo y la poesía gallega, Lugo, 1895.El Regionalismo y la poesía gallega

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Máiz, Ramón; Martínez Eiras, Esther (2006). "Aureliano Pereira. Escritos sobre Federalismo e Galeguismo" A Coruña: Xunta de Galicia (CIRP). ISBN 978-84-453-4302-9. Ossorio y Bernard, Manuel (1903). «Pereira (Aureliano J.». Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX. Madrid: Imprenta y litografía de J. Palacios.

Ligazóns externas

Aureliano Pereira na Biblioteca Virtual Galega. "Lembranza de Aureliano J. Pereira" 22/01/15, RAG.

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Xornalistas de Lugo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1855 Categoría:Finados en 1906 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público