Novo BrunswickPor exemplo en (en ; en ) é unha das dez provincias do Canadá, parte das Provincias Marítimas e das Provincias Atlánticas. Novo Brunswick, é a única provincia canadense que posúe o inglés e o francés como linguas oficiais.A sección 16 da Carta Canadense de Dereitos e Liberdades (Charte canadienne des droits et libertés / Canadian Charter of Rights and Freedoms), baixo a rúbrica "Linguas oficiais do Canadá", establece: "16.2 O francés e o inglés son as linguas oficiais de Novo Brunswick; estas teñen un estatuto de dereitos e privilexios iguais en canto ao seu uso nas institucións da Lexislatura e do goberno de Novo Brunswick".
A maior parte de Novo Brunswick está cuberto por bosques. A silvicultura é unha das principais fontes de renda da provincia. Novo Brunswick é unha das maiores produtoras de madeira do Canadá, así como a maior produtora de papel de periódico do país. As fontes de renda máis importantes de Novo Brunswick son a manufactura, o turismo, a silvicultura, a minería e a pesca.
Novo Brunswick foi orixinalmente colonizada polos franceses, e formou parte da colonia francesa de Acadia, parte de Nova Francia. En 1763, baixo os termos do Tratado de París, os franceses cederon a rexión da actual Novo Brunswick aos británicos. Estes puxeron á rexión o seu nome actual, en homenaxe ao rei Xurxo III do Reino Unido —descendente da familia real británica Brunswick-Lüneburg. Novo Brunswick estaba entón relativamente pouco poboada por colonos europeos —principalmente franceses— ata finais da década de 1770. A Revolución americana de 1776 fixo que preto de 14 mil habitantes das Trece Colonias, leais á coroa británica —e por isto, denominados loyalists (lealistas)—, emigraran á rexión, dando a Novo Brunswick o alcume de The Loyalist Province (A Provincia Lealista).
O 1 de xullo de 1867, Novo Brunswick, xuntamente con Nova Escocia e a provincia do Canadá (actuais provincias de Ontario e Quebec), independizouse do Reino Unido. Xuntamente con Nova Escocia, Ontario e Quebec, Novo Brunswick é unha das catro provincias orixinais da Confederación Canadense.
Historia Ata 1763 Os nativos americanos que vivían na rexión que actualmente constitúe Novo Brunswick, antes da chegada dos primeiros exploradores europeos á rexión, eran as tribos micmac, maliseet e os passamaquoddy. Os micmac habitaban principalmente a rexión leste da actual Novo Brunswick, mentres os Maliseet habitaban a rexión noroeste e os Passamaquoddy vivían no suroeste, ao redor da baía de Passamaquoddy.
O primeiro explorador europeo en explorar a actual Novo Brunswick foi o francés Jacques Cartier, en 1534, que descubriu e deu nome á Baie des Chaleurs entre o norte de Novo Brunswick e a península de Gaspé do actual Quebec. A seguinte expedición francesa á rexión non ocorrería ata 1604, cando un grupo de franceses, liderados por Pierre Dugua e Samuel de Champlain navegaron pola baía de Passamaquoddy, e estableceron un pequeno asentamento de inverno na illa Saint *Croix (actualmente pertencente a Maine), onde os exploradores instaláronse. Ao final do inverno, 36 dos 87 membros da expedición morreron a causa do escorbuto. Despois do inverno, en 1605, o resto da expedición trasladouse á baía de Fundy, instalándose onde actualmente está localizado Port Royal, actual Nova Escocia.
Gradualmente, outros asentamentos franceses fundáronse ao longo do río Saint John e na rexión da baía de Fundy, así como na marxe norte de Novo Brunswick, ao longo do século XVII. Estes asentamentos incluían Fort la Tour (actual Saint John), vilas nos vales dos ríos Memramcook e Petitcodiac, e St. Pierre, actual Bathurst. Toda a rexión de Novo Brunswick, así como as rexións que compoñen actualmente a Illa do Príncipe Eduardo, Nova Escocia e partes de Maine, foron reivindicadas polos franceses, como parte da colonia de Acadia (parte de Nova Francia). Os franceses mantiveron boas relacións cos nativos americanos da rexión. A principal fonte de renda dos franceses en Novo Brunswick era o comercio de peles cos nativos americanos da rexión.
Inglaterra reivindicou por primeira vez a rexión de Novo Brunswick en 1621, cando o rei Xaime I de Inglaterra cedeu a William Alexander toda a rexión que constituía entón Acadia. Esta rexión sería denominada, segundo os británicos, Nova Scotia, o significado en latín de "Nova Escocia". Naturalmente os franceses non aceptaron as reivindicacións da rexión por parte dos ingleses. Os franceses, con todo, perderon gradualmente o control de Acadia, en favor dos británicos, nunha serie de guerras durante o século XVIII.
En 1713, baixo os termos do Tratado de Utrecht —que terminou oficialmente coa Guerra de Sucesión Española— os franceses cederon a parte peninsular de Nova Escocia aos británicos. A rexión de Novo Brunswick, así como a Île St-Jean (Illa do Príncipe Eduardo), e a Île Royale (actual illa de Cabo Bretón) continuarían baixo dominio francés.
300px|esquerda|miniatura|Acadia (1754). A maior parte da poboación acadiana da época, con todo, vivían na parte peninsular de Nova Escocia, que pasara a control británico. O resto de Acadia, incluíndo a rexión de Novo Brunswick, estaba escasamente poboada, con asentamentos primarios acadianos en Novo Brunswick existentes só nas rexións de Tantramar, Memramcook e o río Petitcodiac, así como Fort la Tour e Fort Anne (actual Fredericton).
Durante a Guerra Franco-Indíxena (1756-1763), os británicos conquistaron toda Novo Brunswick. Fort Beausejour, próximo á actual cidade de Sackville, foi capturado inmediatamente ao comezo da guerra, en 1755. Os acadianos das rexións próximas, Beaubassin e Petitcodiac, foron expulsados da rexión, como os británicos fixeran cos acadianos de Nova Escocia, a principios daquel mesmo ano. Outros conflitos e batallas sucedéronse tras a captura de Sackville, e Fort St. Anne foi capturado polos británicos en 1759. Logo disto, toda a rexión da actual Novo Brunswick pasou a dominio británico. Francia perdería eventualmente o control do seu imperio en América do Norte, logo da Batalla das Planicies de Abraham na cidade do Quebec, en 1759. Baixo os termos do Tratado de París (1763), os franceses cedían oficialmente Novo Brunswick aos británicos.
1763 - 1867 Despois do fin da Guerra Franco-Indíxena, a rexión que constitúe actualmente Novo Brunswick (máis parte de Maine) foron incorporados ao Condado de Sunbury, na colonia británica de Nova Escocia. A localización de Novo Brunswick, relativamente lonxe do litoral do océano Atlántico, impediu que os británicos poboasen intensivamente a rexión inmediatamente despois do fin da guerra. Das tentativas de poboar a rexión inmediatamente despois do período posguerra, destácanse a fundación de The Bend —actualmente Moncton— en 1766 por colonos de Pensilvania, patrocinados pola Compañía de Terras de Filadelfia. Outros asentamentos fundados por colonos provenientes das Trece Colonias serían establecidas na rexión, principalmente na rexión sur da antiga Acadia (Maine e o sur de Novo Brunswick) —sobre todo ao redor da actual Sackville, e en torno ao estuario do río Saint John. Pouco antes da revolución americana de 1776, colonos ingleses, provenientes de Yorkshire, tamén se asentaron na rexión de Sackville.
Con todo, o gran crecemento de poboación non ocorrería ata 1775, cando a revolución americana de 1776 deu comezo nas Trece Colonias británicas. Estas posuían gran número de colonos, chamados loyalists (lealistas), que eran leais á coroa británica. Os británicos ofreceron aos lealistas das Trece Colonias lotes de terra de balde en Novo Brunswick. Con todo, débese observar que a maioría da poboación de Novo Brunswick que xa estaba instalada na rexión antes da Revolución apoiaba aos rebeldes americanos, e algúns cren que Novo Brunswick, se estivese un pouco máis organizado politicamente, podería ser considerada a "décimo cuarta" colonia británica. En particular, Johnathan Eddy, ao mando dunha milicia, atacou varias veces un posto militar británico en Fort Cumberland —actual Fort Beausejour— durante o inicio da revolución.
Os lealistas instaláronse en gran número en Novo Brunswick —foron no total preto de 14 mil, ao final da revolución, en 1783. Boa parte destes lealistas instaláronse soamente unha vez en 1783, logo despois do fin da revolución nos Estados Unidos, sendo expulsados do novo país polos americanos. Os lealistas desta última onda de migración instaláronse en Parrtown —actual Saint John. Co súbito crecemento de poboación da rexión, fíxose clara e crítica a necesidade de organizar politicamente o territorio. A capital da colonia da cal Novo Brunswick formaba parte por entón —Halifax, capital de Nova Escocia— atopábase localizaba tan lonxe da rexión, que a coroa británica decidiu que a provincia colonial de Nova Escocia debería ser dividida. A provincia colonial de Novo Brunswick foi oficialmente fundada por Thomas Carleton o 16 de agosto de 1784.
O nome de Novo Brunswick foi en homenaxe ao entón monarca británico, o rei Xurxo III, que era descendente da familia de Brunswick-Lüneburg. Pola súa banda Fredericton, a capital provincial, foi nomeada en homenaxe ao segundo fillo do rei Xurxo III, Federico, duque de York e Albany.
A elección de Fredericton como a capital de Novo Brunswick ofendeu a moitos habitantes de Parrtown —posteriormente renomeada Saint John. Parrtown posuía unha poboación significativamente maior que Fredericton. A razón principal da elección de Fredericton como capital de Novo Brunswick era a súa localización no interior da provincia —o que a facía menos vulnerable a posibles ataques americanos (ou outros inimigos) que Parrtown, situada no litoral. Parrtown, con todo, converteríase na primeira cidade incorporada do Canadá.
Algúns dos acadianos que foran expulsados de Nova Escocia volveron á rexión da antiga Acadia a finais do século XVIII e principios do XIX. Estes acadianos instaláronse principalmente nas rexións costeiras do leste e do norte da nova colonia de Novo Brunswick. Alí, estes acadianos viviron relativamente illados (illamento dun certo xeito imposto voluntariamente por eles mesmos), na medida en que eles loitaron para manter vivas as súas tradicións.
A Guerra Anglo-Estadounidense de 1812 tivo pouco efecto en Novo Brunswick. Construíronse fortes como o Carleton Martello Tower en Saint John e o St. Andrew's Blockhouse na baía de Passamaquoddy, pero os americanos non atacaron a rexión, e ningunha batalla ou conflitos armados de calquera xénero ocorreron en Novo Brunswick. Os habitantes da provincia tiñan boas relacións cos americanos do estado veciño de Maine —así como co resto de Nova Inglaterra. Ata durante a guerra a cidade de St. Stephen forneceu munición aos americanos de Calais (ambas as cidades separadas por un río), nas celebracións do 4 de xullo, día da independencia dos Estados Unidos.
Con todo, un tramo da fronteira entre Maine e Novo Brunswick estaba en disputa entre os americanos e os británicos. Oficiais en Londres e en Washington, D.C. loitaban pola rexión, pero á maioría dos habitantes da zona disputada non lle importaba, tanto permanecer baixo dominio británico como ser anexionado polos Estados Unidos. A disputa da fronteira, coñecida como Guerra Arrostook, foi solucionada en 1842.
A principios do século XIX, gran número de escoceses e ingleses instaláronse en Novo Brunswick. En 1845, un gran número de irlandeses, fuxindo da Gran fame negra irlandesa. Moitos destes irlandeses instaláronse en Saint John ou en Chatham (esta última autodenominada Capital irlandesa do Canadá). Os irlandeses, principalmente católicos, frecuentemente tiñan rozamentos co resto da poboación de Novo Brunswick, na súa gran maioría protestantes. En 1849, o maior destes conflitos ocorreu en Saint John, cando protestantes e católicos encerelláronse nun tiroteo.