Pavel Sergeevich Aleksandrov (en ), nado en Noginsk en 1896 e finado en Moscova en 1982, foi un matemático ruso.
Traxectoria Escribiu máis de 300 traballos científicos e foi coñecido polo seu estudo da topoloxía. Recibiu o Premio Stalin en 1943. En 1953 foi elixido membro da Academia Soviética de Ciencias. Foi editor do Uspekhi Matematicheskikh Nauk.
Categoría:Matemáticos de Rusia Categoría:Nados en 1896 Categoría:Nados no óblast de Moscova Categoría:Finados en 1982 Categoría:Heroes do Traballo Socialista Categoría:Membros da Academia Austríaca de Ciencias