Antón Arias Curto, nado en Monforte de Lemos en 1944, é un militante independentista galego, líder da organización terrorista Loita Armada Revolucionaria (LAR), activa entre 1978 e 1980 e do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive entre 1986 e 1988.
Traxectoria Traballou como mecánico industrial e durante o franquismo foi un dos fundadores do Partido Comunista de Galicia en París en 1969, e o Tribunal de Orde Pública condenouno en 1970. A morte de Moncho Reboiras e a de dous traballadores en Vigo en 1972 fíxoo achegarse ao independentismo galego.
Nas eleccións municipais de 1979 encabezou a candidatura de Unidade Galega á alcaldía de Monforte de Lemos,BOP Lugo, 2-3-1979, p. 4. e foi escollido concelleiro. Detido polo seu vínculo con Loita Armada Revolucionaria (LAR) en setembro de 1980, tamén foi acusado de recibir armas a través do membro de ETA Txomin Iturbe, quen llas entregou en Vitoria.. Ademais, recibiu formación en armas e explosivos con ETA.
En 1983 o goberno do PSOE amnistiouno, pero en 1986 foi un dos principais responsables da fundación do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC). Foi novamente detido o 5 de maio de 1988 e condenado a 10 anos de prisión. En setembro de 1995 foi liberado ao cumprir as dúas terceiras partes da condena.
Vida persoal Pai do produtor audiovisual Lhosca Arias.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Monforte de Lemos
Ligazóns externas .
Categoría:Membros de Loita Armada Revolucionaria Categoría:Membros do EGPGC Categoría:Concelleiros de Monforte de Lemos Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1944 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes