Mario Casas Sierra, nado na Coruña o 12 de xuño de 1986, é un actor galego.
Traxectoria Nado no barrio coruñés da Sardiñeira, en 1994 marchou vivir a Barcelona coa súa familia. Alí comezou a traballar en publicidade, ata que a finais do 2003 marchou estudar teatro a Madrid. En 2006 participa en SMS unha serie emitida en La Sexta. Nese mesmo ano Casas debuta no cine co filme El camino de los ingleses, dirixido por Antonio Banderas, mais a súa sona acadaríaa grazas á súa participación na serie de televisión española Los hombres de Paco.
No 2009 foi protagonista de dous dos filmes españois de máis éxito en recadación do ano; Fuga de cerebros, coprotagonizada con Amaia Salamanca, e mais Mentiras y gordas canda Yon González, Ana María Polvorosa, Ana de Armas e mais Hugo Silva. Ámbalas dúas conseguiron lideralo portelo nacional durante a fin de semana da súa estrea.
Vida persoal Viviu en Collbató e Esparreguera (Barcelona). Foi relacionado sentimentalmente coa tamén actriz Amaia Salamanca, coa que protagonizou Fuga de cerebros. Ten dous irmáns que, coma el, son actores; Christian Casas e Óscar Casas, e mais unha irmá; Sheila Casas.
En 2009 empezou unha relación coa tamén actriz María Valverde Rodríguez, coñecéndose ó coincidir na rodaxe da película La mula, que se estreou en maio de 2013, debido a diversos problemas.
Filmografía Cinema Ano Título Personaxe Director Notas 2006 El camino de los ingleses Moratalla Antonio Banderas 2009 Fuga de cerebros Emilio Carbajosa Benito Fernando González Molina Mentiras y gordas Toni Alfonso Albacete e David Menkes 2010 Tres metros sobre el cielo Hugo Olivera Castro (H) Fernando González Molina 2011 Carne de neón Ricky Paco Cabezas 2012 Tengo ganas de ti Hugo Olivera Castro (H) Fernando González Molina Grupo 7 Ángel Lares Pacheco Alberto Rodríguez 2013 Ismael Félix Ambrose Marcelo Piñeyro Las brujas de Zugarramurdi Antonio "Tony" Álex de la Iglesia Premio Feroz ao mellor actor secundario La mula Juan Castro Michael Radford Premio do Festival de Málaga ao mellor actor protagonista 2014 Eden Félix Arella Shyam Madiraju 2015 Palmeras en la nieve Kilian Fernando González Molina Mi gran noche Adanne Álex de la Iglesia Premio Feroz ao mellor actor de elenco The 33 Álex Vega Patricia Riggen 2016 Toro Christian Toro Kike Maíllo 2017 Contratiempo Adrián Doria Oriol Paulo El bar Nacho Álex de la Iglesia 2018 Bajo la piel de lobo Martinon Samu Fuentes El fotógrafo de Mauthausen Francesc Boix Mar Targarona 2019 Adiós Juan Santos Paco Cabezas 2020 Hogar Tomás David Pastor e Álex Pastor Filme para Netflix El practicante Ángel Hernández Carles Torras No matarás Dani David Victori Premio Feroz ao mellor actor protagonistaPremio Goya ó mellor actor protagonista
Televisión Ano Título Canle Personaxe Notas 2005 Obsesión La 1 Nicolás «Nico» Castillo 20 episodios 2006 - 2007 SMS laSexta Javier «Javi» Llorens 184 episodios 2007 - 2021 Los hombres de Paco Antena 3 Aitor Carrasco Menéndez 79 episodios 2011 - 2013 El barco Antena 3 Ulises Garmendia 39 episodios 2018 Paquita Salas Netflix El mesmo 1 episodio 2019 Instinto Movistar+ Marco Mur Seco 8 episodios 2021 El inocente Netflix Mateo «Mat» Vidal Rivera 8 episodios
Curtametraxes Ano Título Personaxe Director 2007 Sintonía diario Pop Iván Guillermo Mieza 2009 Paco Paco Jorge Roelas 2010 Dinero fácil Jaime Carlos Montero 2010 La wikipeli 2: Miedo Sergio Jaume Balagueró 2014 A Lonely Sun Story Óscar Juanma Suárez 2021 Amor a primera vista El mesmo Ian Pons Jewell
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Fansite oficial
Categoría:Actores da Coruña Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1986 Categoría:Modelos masculinos de Galicia Categoría:Gañadores dos Premios Goya