Chamábase Luís é unha crónica realista escrita por Marina Mayoral publicada en 1989. Nela amósase o problema da droga na sociedade contemporánea.

Argumento

Luís é un home de trinta anos, fráxil. Pertence a unha familia modesta, e está enganchado ás drogas dende os vinte. Ten tres irmáns e dous fillos, de trece e oito anos, dos que non sabe nada. A súa vida é un camiño cara a morte a causa da súa drogodependecia. Vive do que arrepaña no alleo, e da súa nai. Dos seus catro irmáns un morreu por culpa das drogas, e os outros non queren saber nada del.

Personaxes Principais Luís viúvo, con dous fillos. Non espera máis da vida. Rosa, a nai de Luís, desvívese por darlle todo ó seu fillo e traballa nunha casa co fin de axudalo. Tamén está viúva.

Secundarios Alberto, irmán de Luís, quere ó seu irmán mais amósalle desprezo pola súa adicción ás drogas. Maribel, a muller de Alberto, levou unha vida dura e comprende moi ben a Rosa e tamén a Luís. A dona da casa onde traballa Rosa comprensiva. Escribiu o libro. Xoaquín e Mónica son os fillos de Luís, dos que case non sabe nada. Viven cos seus avós maternos.

Traducións Ao catalán por Pau Joan Hernàndez Fuenmayor co título de Es deia Lluís publicado en 1995 pola Editorial Grijalbo.

Ao portugués por Margarida Machado co título de Chamava-se Luís publicado en 1999 por Ed. Âmbar, Col. Quarto Crescente

Ao castelán pola propia autora co título de Se llamaba Luis publicado en 1995 pola Editorial Grijalbo Mondadori-Junior, Arca abierta, en 1997 por Círculo de Lectores, e en 2004 pola Editorial Anaya, Col. Espacio Abierto.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na páxina da editorial

Categoría:Obras literarias de 1989 Categoría:Novelas en galego Categoría:Edicións Xerais de Galicia