Manuel Prado López, nado en Boborás o 5 de xuño de 1958, é un político galego do Partido Popular de Galicia (PPdeG).
Traxectoria Mestre de Formación Profesional. Accedeu á alcaldía de Beariz tras as eleccións municipais de 1983, ó presentarse coa Coalición Popular. Nesa lexislatura acadou cinco concelleiros, o que lle deu a maioría absoluta, que repetiu en 1987 coa coalición AP-CdeG, coa particularidade de obter todos os concelleiros en xogo, acontecemento que logrou nos sucesivos comicios ata a actualidade . En 1990 ocupou o escano de Vitorino Núñez no Congreso dos Deputados. En 1996 e 2000 foi elixido membro do Senado pola provincia de Ourense. Tamén é vogal da directiva provincial do PPdeG de Ourense
Tamén foi presidente da Mancomunidade de Municipios do Carballiño e vogal na Fundación Terras de Beariz.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Eleccións municipais en Beariz Ligazóns externas Ficha no sitio web do Congreso dos Deputados Ficha no Senado
Categoría:Alcaldes de Beariz Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Senadores por Ourense Categoría:Nados en Boborás Categoría:Nados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes