O golfo de Guinea é parte do suroeste Atlántico de África. A costa sur de África occidental, ao norte deste golfo, foi chamada historicamente como Alta Guinea. A costa occidental da parte máis ao sur de África, é historicamente, a Baixa Guinea. Hoxe, o nome de Guinea só se mantén nos nomes de tres países: Guinea, Guinea-Bissau e Guinea Ecuatorial. E nalgúns países americanos úsase o nome de "guineo" para designar unha variedade de bananas, o que demostra a orixe africana do termo.
No golfo de Guinea desembocan os ríos Níxer, Volta, Congo e Cross. A costa do golfo inclúe o golfo de Benín e o golfo de Biafra.
Nome A orixe do nome Guinea crese que designaba unha área da rexión, aínda que os detalles son incertos. Bovill (1995) dá unha descrición minuciosa:
A costa sur de África occidental, ao norte deste golfo, foi chamada historicamente Alta Guinea e a costa occidental do África austral, cara ao sur, Baixa Guinea. Na actualidade hai catro países coa palabra nos seus nomes: Guinea, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial e Papúa-Nova Guinea, este último en Oceanía, debido ao parecido dos melanesios, que viron os exploradores europeos, cos poboadores da Guinea africana. Nalgúns países americanos úsase o nome de "guineo" para designar unha variedade de banana, o que demostra a orixe africana do termo.
Xeografía O principal río que desemboca as súas augas no golfo é o río Níxer.
Defínense diferentes límites xeográficos do golfo de Guinea; a Organización Hidrográfica Internacional define a extensión suroeste do golfo de Guinea como "Unha liña desde Cabo López (), en Gabón, ao noroeste do illote Gago Coutinho (Ilhéu das Rôlas) () e desde alí unha liña dsde o Illote Gago Coutinho cara ao noroeste cara a Cabo Palmas (), en Liberia.
Illas no golfo de Guinea O golfo de Guinea contén un número de illas, a maior das cales atópase nunha cadea suroeste-nordés, que forma parte da liña de volcáns do Camerún.
Annobón, tamén coñecido como Pagalu ou Pigalu, é unha illa que forma parte de Guinea Ecuatorial.
Illa Bobowasi é unha illa da costa occidental de África no Golfo de Guinea que forma parte da rexión occidental de Ghana.
Bioko é unha illa situada na costa occidental de África no Golfo de Guinea que forma parte de Guinea Ecuatorial.
Corisco é unha illa pertencente a Guinea Ecuatorial.
Elobey Grande e Elobey Chico son dúas pequenas illas pertencentes a Guinea Ecuatorial.
San Tomé e Príncipe (oficialmente República Democrática de São Tomé e Príncipe) é unha nación insular de fala portuguesa no golfo de Guinea que se independizou de Portugal en 1975. Está localizado na costa ecuatorial occidental de África e consta de dúas illas, Illa de San Tomé e Illa do Príncipe. Están separadas por 140 km. e preto de 250 e 225 km., respectivamente, da costa noroeste de Gabón. Ambas illas forman parte dunha liña de volcáns extinguidos do Camerún. San Tomé, a importante illa sureña, está situada ao norte do ecuador.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas The Gulf of Guinea Commission - CGG - GGC
Categoría:Mares do Océano Atlántico Guinea Categoría:Océano Atlántico