Senda '91 é un EP en vivo do grupo de rock español Héroes del Silencio, publicado no 1991.
Trátase dun EP gravado co soporte da unidade móbil dos estudios Kirios (Madrid) o 25 de setembro de 1991 en Las Rozas (Madrid) e está producido por Keith Bessey e Héroes del Silencio.
Este disco marcou unha etapa na carreira de Héroes del Silencio, no que se xunta o mellor do concerto que se levou a cabo na comunidade de Las Rozas, en Madrid.
No booklet do disco podemos atopar unha serie de "collages" onde amósanse as críticas acollidas durante esta xira, amosadas coma recurtes de xornais, na súa maioría, críticas negativas cara a banda.
A forma de distribución foi sumamente estraña, posto que a discográfica anunciou que este ía ser unha edición limitada, o grupo argumentou que era un modo de facer un pequeno presente aos seus fans máis asiduos.
Cabe destacar un feito raro que envolvía máis nese misterio á banda, non só polas súas letras, senón por unha mensaxe oculta que se atopa ao final da canción "Hologramas", que se se fai ir o EP cara a atrás, podíase escoitar con claridade unha mensaxe que di así:
No tema "Decadencia" inclúese unha magnífica adaptación de "El Cuervo", e en "Con nombre de guerra" inclúense na gravación os erros ao executar a canción.
Contido Lista de cancións Senda '91NºTítuloDuración01"Hace tiempo"05:17 02"Maldito duende"05:2403"Decadencia"08:2904"Con nombre de guerra"04:5605"Oración"04:2706"El mar no cesa"03:1807"El cuadro III"02:4308"Hologramas"03:06
Categoría:Álbums en directo Categoría:Álbums de Héroes del Silencio