Caelum ou Buril é unha constelación menor do hemisferio sur, introducida por Nicolas Louis de Lacaille que se atopa entre Columba e Eridanus. Representa un cicel, instrumento para traballar metais, pedra e outros materiais.

Caelum é unha constelación de pouca relevancia, sen ningunha estrela por riba da cuarta magnitude. É a oitava constelación máis pequena do firmamento, cunha área lixeiramente inferior á da Corona Australis. Ten pouco que ofrecer para o astrónomo afeccionado, pódese destacar γ Caeli, binaria óptica que se pode ver cun pequeno telescopio.

Estrelas principais

α Caeli, a estrela máis brillante da constelación con magnitude 4,44 é unha estrela binaria formada por unha estrela branco-amarela e unha feble anana vermella de magnitude 12,5. Ambas compoñentes están separadas 6 segundos de arco. β Caeli, estrela branco-amarela de magnitude 5,04 de características moi similares á compoñente máis brillante de α Caeli. γ Caeli, denominación compartida por dúas estrelas distintas. γ1 Caeli, de magnitude 4,55 e é a segunda estrela máis brillante da constelación, e tamén é unha xigante laranxa a 185 anos luz. γ2 Caeli, tamén chamada X Caeli, é unha estrela variable Delta Scuti que se atopa a 334 anos luz. RV Caeli, xigante vermella e variable irregular cun brillo que oscila entre magnitude 6,44 e 6,56.

Obxectos Notables do espazo profundo

NGC 1679. AR: 04h 50m 00.0s Dec: -31°59'00" (Época 2000). Galaxia espiral, dous graos ó sur de ζ Caeli.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20070929115801/http://usuarios.lycos.es/astro114/OBSERVACION-CAELUM.htm Starry Night Photography - Caelum Constellation Star Tales – Caelum

esquerda|280px|miniatura|Imaxe da constelación de Caelum.

Categoría:Constelacións