Ademaro de Salerno foi o príncipe longobardo de Salerno, fillo e sucesor do príncipe Pedro de Salerno, quen a principios do 853 lle usurpara o trono ao menor de idade Sicón II, do cal era rexente. Traxectoria Ademaro foi un soberano moi impopular e os territorios do seu principado, e mesmo a súa autoridade, se viron notabelmente reducidos polas presións independentistas do Principado de Capua. No 858 obrigárono a pedir a intervención de Guido I de Spoleto, que obtivo a cambio o val do río Liri. No 861 unha revolta popular guiada por Gaiferos, da estirpe dos Dauféridas (isto é, fillos de Dauferio Balbo), derrocou a Ademaro do trono e mandouno á cadea. Durante a súa reclusión sometérono a tortura e cegárono. Gaiferos foi escollido como príncipe no seu posto, instaurando a dinastía dos Dauféridas no trono de Salerno.

Véxase tamén Bibliografía Catholic Encyclopedia. (en inglés) Encyclopedia Press, 1917. Nicola Cilento, «ADEMARIO (Ademaro)», en Dizionario Biografico degli Italiani, Istituto dell'Enciclopedia italiana Treccani (on line)

Categoría:Longobardos Categoría:Príncipes de Salerno