miniatura|O doutor e o seu paciente (século ) de Jan Havicksz Steen, Rijksmuseum. Un médico é un profesional que practica a medicina que intenta manter e recuperar a saúde humana mediante o estudo, o diagnóstico e o tratamento da enfermidade ou lesión do paciente. Na lingua galega, de xeito coloquial, denomínase tamén doutor a estes profesionais, aínda que non obteñan o grao de doutoramento.
O médico é un profesional altamente cualificado en materia sanitaria, que é capaz de dar respostas xeralmente acertadas e rápidas a problemas de saúde, mediante decisións tomadas habitualmente en condicións de gran incerteza, e que precisa de formación continuada ao longo de toda a súa vida laboral.Gérvas J. Aprendices. Acta Sanitaria. 7 de setembro de 2009. Obxectivo O principal obxectivo do médico, e da medicina por extensión, é "coidar a saúde do paciente e aliviar o seu sufrimento".Vélez Correa LA, Sarmiento Díaz JJ. Ética médica: Interrogantes acerca de la medicina, la vida y la muerte (3ª ed). Medellín (Colombia): Corporación para Investigaciones Biológicas ;2003. "O médico poucas veces cura, algunhas alivia, pero sempre debe consolar". Motivación As razóns para ser médico na actualidade poden ser de catro tipos:Gérvas J. Los territorios ignotos de nuestra mente. En: ¿Por qué ser médico hoy?. Flichtentrei D, coordinador. Buenos Aires: Ediciones El Zorzal; 2009. p. 87-101.Pablo Bonal Pitz. Motivos para Estudiar Medicina. Consultado el 28/05/2013. Persoais miniatura|Rúa dedicada aos Médicos, en Chinchilla de Monte-Aragón, Albacete. Son as razóns principais e máis importantes. O atractivo social da profesión. Acceder a unha posición económica máis ou menos holgada. Influencia de familiares, amigos, ou dos medios de comunicación. Compromiso cos pacientes e o seu sufrimento, co concreto e individual. Formulacións relixiosas, filosóficas ou de vida, como a crenza do impacto da medicina na equidade. Rexeitamento a outras opcións de vida.
Sociais Lograr un alto prestixio social, un lugar elevado na escala de clases sociais. Pode ser un camiño de compromiso social para o cambio das circunstancias que xeran enfermidade. Loita contra os determinantes sociais da saúde, e solidariedade cos afectados. Pode chegar a ser unha forma de rebelión contra a inxustiza social.
Científicas Traballar en centros que irradien novo coñecemento científico, para que cambie a cara do sufrimento humano. Dominar unha parte poderosa da ciencia e da técnica, de enorme atractivo polo seu impacto na saúde do paciente. O esforzo pola innovación da organización de servizos, e a mellóraa da investigación aplicada á atención dos pacientes cos ensaios clínicos, os estudos observacionais e o conxunto que chamamos "medicina baseada en probas" (Evidence Based Medicine). A ansia do desenvolvemento das ciencias médicas é fundamental, e serve de acicate á continua necesidade de formación continuada que caracteriza ao médico. A produción de ética médica, que pon o contrapunto filosófico e deontolóxico ao que facer do médico clínico.
Prácticas Pode ser unha elección que dea moita versatilidade á vida, como ofrecen as diferentes especialidades médicas, os lugares de traballo e o tempo dedicado á profesión. A remuneración do médico. En xeral, como médico recíbese unha compensación económica que adoita estar na media ou por encima da media doutros profesionais (aínda que hai variacións extremas), e en todo caso ser médico é un medio de vida. A constante é ter ingresos que permiten levar unha vida honrada, con solvencia para facer fronte a formar unha familia e criar algúns fillos. Valores miniatura|Pediatra explorando o oído a un neno cun otoscopio. O trato do médico ao seu paciente debe ser digno. As calidades que debe posuír un médico clínico son:Millán Núñez-Cortés J, del Llano Señarís JE (directores). Ser médico. Los valores de una profesión. Madrid: Unión Editorial; 2012. ISBN 978-84-7209-583-0Consejos de Esculapio para quienes piensan ser médicos. Grijalvo. Consultado el 16/05/2017. o trato digno ao paciente e aos compañeiros. o control xuicioso da incerteza durante o encontro co enfermo a práctica dunha ética da ignorancia (compartir co paciente as limitacións científicas) a práctica dunha ética da negativa (para rexeitar aquilo que non ten sentido, firme pero amablemente, de pacientes, xefes e compañeiros) unha enorme polivalencia no limitado tempo da atención clínica.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Medicina
Categoría:Médicos