Panticosa (Pandicosa, en aragonés) é un concello aragonés da provincia de Huesca, situado na comarca do Alto Gállego. A súa poboación é de 819 habitantes (2010) e ten unha superficie de 95,9 km². No concello localízase a estación de esquí de Aramón Panticosa.

Xeografía O municipio está sito ao norte da provincia de Huesca, no val do Tena, enclavado nos Pireneos. Dista 95,9 km da cidade de Huesca.

Entidades O concello componse de tres localidades: Panticosa, Baños de Panticosa e El Pueyo de Jaca. miniatura|esquerda|250px|Vista xeral de Panticosa.

Historia Os romanos coñeceron e aproveitaron as augas termais do aínda subsistente balneario de Panticosa. Fican restos dun balneario romano, de difícil acceso, con moedas de ofrenda das épocas de Augusto e Tiberio.

Afonso XII frecuentou o balneario moderno de Panticosa, o que explica parte da decoración do complexo hoteleiro.

Dialecto aragonés O falar pandicuto é a variante mellor conservada e máis viva do aragonés tensino ou do Val de Tena.

O topónimo O nome pode proceder do latín FONTICOSA, con influencia fonética vasca, no que evolúe F- inicial a p- como en pago (< fagu), o que se observa tamén en aragonés pantasma. A forma aragonesa Pandicosa con -nd- documentouna como minoritaria Francho Nagore, cando realizou a súa tese sobre o aragonés local, e está documentada en textos medievais de entre 1425 e 1450.

Véxase tamén

Ligazóns externas Info sobre Panticosa

Categoría:Concellos da provincia de Huesca