Hervey Allen, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 8 de decembro de 1889 e finado en Miami (Florida) o 28 de decembro de 1949, foi un novelista e poeta norteamericano.

Traxectoria En 1910 entrou na Academia Militar da Mariña estadounidense en Annapolis, e en 1916 entrou na Garda Nacional de Pensilvania, en 1918 participou na primeira guerra mundial. Despois da guerra graduouse na Universidade Harvard (1920). En 1921 publicou o seu primeiro libro de poesía, Wampum and Old Gold. Entre1924 e 1926 deu clases de inglés na Universidade de Columbia.

Obras Wampum and Old Gold (1921; poesía) Toward the Flame (1926) Israfel: The Life and Times of Edgar Allen Poe (1926; biografía de Edgar A. Poe) Anthony Adverse (1933; novela histórica) Action at Aquila (1937) It Was Like This (1939) The Forest and the Fort (1943) Bedford Village (1944) Towards The Morning (1948)

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Nados en Pittsburgh, Pensilvania Categoría:Novelistas dos Estados Unidos de América