Ignacio Jordà González, máis coñecido como Nacho Vidal, nado en Mataró o 30 de decembro de 1973 en Barcelona, é un actor porno español.
Traxectoria Infancia Sendo neno a súa familia trasladouse a vivir a Enguera na provincia de Valencia, localidade onde viviu a súa infancia e de onde é a súa familia paterna, propietarios entón dunha importante empresa téxtil. Nacho sempre manifestou sentirse de Enguera, onde reside na actualidade.
Inicio no porno Alistouse na Lexión en Melilla para máis adiante iniciarse na pornografía aos 21 anos na sala Bagdad de Barcelona, onde acudía a realizar espectáculos pornográficos coa súa noiva. Alí coñeceu o director do Festival de Cine Erótico de Barcelona, José María Ponce, quen o introduciu no mundo da cinematografía pornográfica.
Pasou máis tarde a ser discípulo de Rocco Siffredi, quen o levou a Hollywood en 1998. Na súa carreira protagonizou unhas 1.500 películas, ademais de traballar como produtor e director de moitos outros filmes. En 2004 estaba considerado como o actor de cine pornográfico máis importante do momento.
Retirada temporal O 31 de maio de 2005 asegurou que se retiraba do cine porno tras anunciar o seu compromiso matrimonial coa modelo colombiana Franceska Jaime, aínda que tras a ruptura con esta volveu protagonizar diversas películas.
Colaboración coa mafia chinesa O 16 de outubro de 2012 foi detido na Operación Emperador contra as mafias asiáticas en España. A policía pensaba que podería terse branqueado diñeiro a través da súa produtora.Operación contra la mafia china. Nacho Vidal, detenido por presunto blanqueo a través de su productora. Europa Press. 16 outubro de 2012 Despois de prestar declaración ante o xuíz, o 18 de outubro de 2012 foi posto en liberdade sen fianza aínda que se lle imputou un presunto delito de branqueo de diñeiro.El concejal del PSOE detenido en la 'operación Emperador', y Nacho Vidal libres sin fianza Xornal El Mundo. 18 de outubro de 2012.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Artigo El porno feroz: La misoginia como espectáculo de Gabriel Núñez
Categoría:Actores porno de España Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Actores de porno heterosexual