A Xesteira é unha aldea da parroquia de Almofrei, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade, se ben unha parte do seu núcleo (Rascadería), pertence á parroquia de Tenorio. Segundo o IGE en 2010 tiña 67 habitantes (32 homes e 35 mulleres), os mesmos ca en 2007. Xunto coa Rascadería, as outras entidades de poboación son A Xesteira e as Cachopeiras.
Neste lugar atópase o cruceiro da Xesteira, de 1701.
María Dolores Villanueva Gesteira escribiu Lingua en Sociedade; A aldea da Xesteira, un estudo sociolingüístico que acadou o premio de investigación Antonio Fraguas no ano 2006. Amais, neste lugar desenvolveuse o traballo da mesma autora que deu lugar ao artigo "O campo semántico das cores visto por tres xeracións" (Estudos de Lingüística Galega, 2009).
O seu topónimo fai mención a unha xesteira, un lugar onde abundan as xestas.
Lugares e parroquias Lugares de Almofrei
Parroquias de Cerdedo Cotobade
Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade