Francisco José Vázquez Vázquez, nado na Coruña o 9 de abril de 1946, é un político galego. Foi alcalde da Coruña durante 23 anos, entre 1983 e 2006. Dende ese ano e até 2011 foi o embaixador español no Vaticano.
Traxectoria É fillo dun asturiano nado en Castropol e dunha brigantina. Estudou Dereito en Madrid. É avogado e inspector de Traballo en excedencia. En 1975 ingresou no PSOE e na UGT na clandestinidade.La mayoría de los candidatos ocupa ahora cargos públicos En febreiro de 1977, no Congreso Constituínte do PSOE en Galicia, foi elixido secretario xeral, e formou parte do primeiro Comité Federal do PSOE na democracia. Foi secretario xeral do PSdeG-PSOE en tres ocasións, e presentouse á presidencia da Xunta de Galicia nas primeiras eleccións autonómicas. Como deputado no Parlamento de Galicia encabezou a oposición ao establecemento da capitalidade en Santiago propoñendo que A Coruña fose a sede das institucións autonómicas.
En maio de 1983 gañou as eleccións locais na Coruña con maioría absoluta e foi elixido alcalde. Foi reelixido novamente con maioría absoluta en 1987, 1991, 1995, 1999 e 2003, sendo o único alcalde dunha cidade galega, ata Abel Caballero en Vigo no 2015, en rebasa-lo 50 % dos votos, o cal ocorreu nas convocatorias de 1987 a 1999. Ata 2019, cando Caballero se alzou cun 67 % dos votos e 20 concelleiros en Vigo, tivo os mellores rexistros nunha urbe galega cun 59 % e 18 concelleiros en 1991 e un 56 % e 17 concelleiros en 1999.
Foi varias veces elixido cabeza de lista do PSOE pola provincia da Coruña, e ocupou o cargo de senador durante varias lexislaturas. Participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 e presidiu a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) entre 1991 e 1995 e novamente entre 2003 e 2006.
miniatura|Paseo marítimo da Coruña dedicado a Vázquez. Do seu paso pola alcaldía da Coruña destacan: As obras do Paseo Marítimo, ao que se lle puxo o seu nome trala súa marcha da alcaldía. A rede de Museos Científicos Coruñeses. A construción do Palacio da Ópera, o PALEXCO, o Coliseum e o Fórum Metropolitano. Parques como os de San Pedro, Bens ou San Diego. Barrios coma Os Rosales, Paseo das Pontes, Matogrande ou Novo Mesoiro. A creación da Orquestra Sinfónica de Galicia, da Universidade da Coruña e a Planta de Tratamento de Residuos de Nostián. A consecución das obras do Porto Exterior.
Deixou a alcaldía o 10 de febreiro de 2006, cando o goberno español o nomeou embaixador no Vaticano,Zapatero nombra al alcalde de A Coruña nuevo embajador ante el Vaticano cargo que mantivo até abril de 2011.
Controversias De carácter conservador e constantemente enfrontado ao nacionalismo galego, mantivo sempre posturas de seu, independentes das oficiais do seu partido. Republicano e socialdemócrata, confésase católico practicante e respectuoso coa monarquía. Destacou pola súa longa batalla polo topónimo castelán da cidade e a súa feroz oposición ao uso oficial exclusivo do nome galego "A Coruña", en contra da Lei de Normalización Lingüística de Galicia.
Algunhas das súas decisións causaron polémica, en especial na súa última época á fronte de María Pita. Entre elas estiveron a derruba do asilo de Adelaida Muro, a instalación de amarres deportivos na dársena da Mariña, a concesión da farmacia de Durmideiras, as terrazas da praza de María Pita ou a instalación dunha bandeira española na Coraza do Orzán tras o desfile das Forzas Armadas de 2005, o que provocou o rexeitamento frontal do nacionalismo local.
Tamén reclamou a capitalidade da comunidade autónoma para A Coruña e mesmo unha diocese para a cidade, independente da compostelá.
Recoñecementos Foi condecorado, entre outras,Francisco Vázquez recibe la cruz de la Orden de Malta, 12/4/2011. La Opinión A Coruña. con: Cabaleiro da Gran Cruz da Orde de Pío IX.
Orde do Imperio Británico.La reina de Inglaterra nombra a Francisco Vázquez caballero del Imperio Británico, 30-10-2000. La Voz de Galicia. Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.Aznar impondrá a Francisco Vázquez la Gran Cruz de Isabel la Católica. ABC, 08/10/2003 . Gran Cruz da Orde de Malta. Cabaleiro da Gran Cruz da Sagrada Orde Militar Constantiniana de San Jorge. Gran Cruz Fidélitas. Gran Cruz da Orde do Mérito Civil. Gran Cruz da Orde de Afonso X o Sabio. Gran Cruz do Mérito Militar. Gran Cruz do Mérito Naval. Orde do Mérito Constitucional. Gran Cruz da Orde Real do príncipe Danilo I (Montenegro). Medalla de Ouro da Coruña. Gran mestre de honor da Orde de Cabaleiros de María Pita. Fillo Predilecto da Coruña. Premio Fernández Latorre en 2009.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais na Coruña Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Lista de senadores galegos desde a Transición
Ligazóns externas Ficha na páxina do Senado
Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Senadores pola Coruña Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Embaixadores de España na Santa Sé Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Corporación Municipal da Coruña 1999-2003 Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2003-2007 Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Grandes cruces da Orde do Mérito Civil Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura) Categoría:Orde de Afonso X o Sabio Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Nacionalistas españois