Gotor é un concello español da provincia de Zaragoza (Aragón), situado na comarca de Aranda. A súa poboación era de 389 habitantes en 2004 (INE), sobre unha superficie de 15,26 km², o que lle outorgaba unha densidade de poboación de 25,49 hab/km². Dista 93 km da cidade de Zaragoza.

Xeografía Áchase situado no val do Aranda, ao pé da Serra da Virxe, no oeste da provincia e da comunidade autónoma.

Nome O seu nome explícase como proveniente do xenitivo latino Gothorum, que significa dos godos.

Festas San Xaime e Santa Ana, 25 e 26 de xullo. Santa Bárbara, 4 de decembro.

Categoría:Concellos da provincia de Zaragoza