O Frade é un lugar da parroquia de Loureiro, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 35 habitantes (20 homes e 15 mulleres). Malia que supón un descenso respecto ó 2005, cando tiña 41, segue sendo o lugar máis habitado da parroquia.
Neste lugar atópase o cruceiro da Porteliña, posiblemente anterior ó século XIX.
Lugares e parroquias Lugares de Loureiro
Parroquias de Cerdedo Cotobade
Notas
Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade