Félix Vergara Vilariño, coñecido como Fiz Vergara Vilariño, nado en Santalla (Samos) o 15 de abril de 1953 e finado na mesma parroquia o 18 de xullo de 1997, foi un poeta galego.
Traxectoria O seu pai nacera en Cuba, e a súa nai en Gamiz. Dende rapaz sufriu distonía muscular provocada por unha caída na casa. Estudou o bacharelato en Madrid, Sarria e Lugo, cidade esta onde se relacionou literariamente con Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús Manuel Valcárcel e Claudio Rodríguez Fer, para deseguida volver á súa aldea natal, onde residiu na casa paterna, adicado unicamente á literatura.
Formou parte do colectivo Cravo Fondo. A súa poesía tiña inicialmente un marcado carácter social, que foi logo derivando cara a un maior intimismo. A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina desde Orfo de ti en terra adentro (1976).
Estudosos da súa obra son Iago Rodríguez Yáñez, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xesús Alonso Montero, Paco Martín, Antón Tovar, Xavier Rodríguez Barrio, Manuel María, Carlos Casares ou Lois Celeiro.Artigo "VERGARA VILARIÑO, Fiz" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
En marzo de 2024 déuselle o seu nome a unha praza en Samos, a carón do mosteiro (Praza "Vergara Vilariño"), dedicada a el e á súa familia.
Obras Poesía Pra vós (1971). Lugo: Celta. prologado por Xesús Alonso Montero. Encontro cos tiburós (1973). Monforte de Lemos: Xistral. 26 páxs. ISBN 8440058780. Orfo de ti en terra adentro (1976). Madrid: Akal. 48 páxs. ISBN 9788473392167. Poeta muiñeiro á deriva (1982). Vigo: Xerais. Con tapa e debuxos de Laxeiro. 60 páxs. ISBN 9788475070513. Nos eidos da bremanza (1990). Vigo: Galaxia. 128 páxs. ISBN 978-84-7154-726-2. Pastora de sorrisos (1993). Lugo: Sons Galiza. Con limiar de Xavier Rodríguez Barrio. ISBN 9788488007032. O mundo de Fiz: escolma da poesía de Fiz Vergara Vilariño (1995). Lugo: Citania. Por Xavier Rodríguez Barrio e Darío Xohán Cabana. Animal sen fel (1998). A Coruña: Espiral Maior. Con limiar de Xulio López Valcárcel. Póstuma. Fiz Vergara Vilariño. Non deixes que a tardiña me sorprenda. Antoloxía poética (2019). Vigo: Galaxia. Edición e estudo de Yago Rodríguez Yáñez. ISBN 978-84-9151-393-3.
Narrativa
Por que Deus faría a brétema? Narrativa reunida (2023). Vigo: Galaxia. 269 páxs. ISBN 9788411760331. Edición de Iago Rodríguez Yáñez.
Obras colectivas Os novísimos da poesía galega (1973). Akal. Cravo fondo (1977). Follas Novas. Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984). Sotelo Blanco.
Premios Meigas e Trasnos de Sarria, en 1972 e 1973. 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1979, por Historia dunha castaña chamada Muxica. 3º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1981, por Unha gaivota en terra adentro. Premio da Crítica Galicia de creación literaria no 1991, por Nos eidos da bremanza.
Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño Na honra do poeta, o Concello de Sarria convoca dende o ano 2000 o Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño para composicións inéditas escritas en lingua galega.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Páxina do autor na Editorial Galaxia
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Samos Categoría:Nados en 1953 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Poetas en lingua galega