Lygia Bojunga Nunes, nada en Pelotas o 26 de agosto de 1932, é unha escritora brasileira. Foi galardoada co Premio Hans Christian Andersen en 1982.

Xunto con Ruth Rocha, Ana Maria Machado e Eva Furnari, é unha das principais expoñentes da nova ola da literatura infantil do Brasil.

Traxectoria Iniciou a súa vida profesional como actriz, téndose dedicado á radio e ao teatro, até retomala literatura.

Coa obra Os colegas (1972) conquistou un público que se solidificou con Angélica (1975), A casa da madrinha (1978), Corda bamba (1979), O sofá estampado (1980) e A bolsa amarela (1981). Por estes libros recibiu, en 1982, o Premio Hans Christian Andersen, o máis importante premio literario infantil. O premio foi concedido pola International Board on Books for Young People, afiliada á UNESCO. Os colegas xa antes conquistara o primeiro lugar no Concurso de Literatura Infantil do Instituto Nacional do Livro (INL), en 1971, con ilustracións de Gian Calvi.

Estilo Lygia Bojunga Nunes ten recibido reiterados eloxios da crítica especializada, quer brasileira, quer estranxeira. No escenario brasileiro, con frecuencia ten sido referida como a herdeira ou sucesora de Monteiro Lobato, por estabelecer un espazo no que o neno ten — a través da liberdade da imaxinación — unha chave para a resolución de conflitos, o que Monteiro Lobato mostrou saber facer con mestría. Algunhas veces, no escenario internacional, acostúmase comparala a Saint-Exupéry e a Maurice Druon, pola notábel sensibilización infantil destes a través de O Principiño e O menino do dedo verde, respectivamente. Con efecto, misturando con habilidade o real e a fantasía, Lygia alcanza, nun estilo fluente, entre o coloquial e o monólogo interior, perfecta comunicación co seu lector.

Consciente de que literatura é comunicación, a autora non recusa tratar de temas considerados problemáticos como o suicidio, en 7 cartas e 2 soños (1983) e O meu amigo pintor (1987); asasinato, en Nós três (1987) e abandono dos fillos pola mai, no conto Tchau, no volume do mesmo nome (1985).

Co libro Um encontro com Lygia Bojunga Nunes (1988), reuniu textos sobre a súa relación coa literatura, presentando, de forma dramatizada, o resultado do seu traballo.

Ese é tamén o inicio dunha reflexión metaliteraria, que se estende por Paisagem e Fazendo Ana Paz, ambos de 1992, onde reflectiu sobre o que é facer literatura, facendo literatura, liña que ten en Feito à mão (1996), unha realización radical, pois o libro foi feito con papel reciclado e fotocopiado — unha alternativa á produción industrial.

Con Seis vezes Lucas e O abraço, tamén de 1996, retoma un tema instigante deste final de século: unha literatura dirixida a calquera lector, estando no obxecto-libro a maneira de adecuala ás diversas etapas da vida humana.

É un dos maiores nomes da literatura infantil e xuvenil brasileira e mundial, así consagrada pola calidade da súa obra e caracterización da problemática dos nenos, acuada dentro do núcleo familiar.

A súa obra xa foi publicada en alemán, francés, español, sueco, noruegués, islandés, holandés, dinamarqués, xaponés, catalán, húngaro, búlgaro e finés.

Os seus libros teñen sido altamente recomendados pola crítica europea e están sendo radiofonizados en varios países, sendo que un deles,Corda bamba, foi filmado na Suecia.

Casada cun inglés, vive parte do seu tempo en Londres e parte no Río de Xaneiro. A autora prepara unha transposición para o teatro de 7 cartas e 2 sonhos.

Obra Os Colegas - 1972 Angélica - 1975 A Bolsa Amarela - 1976 A Casa da Madrinha - 1978 Corda Bamba - 1979 O Sofá Estampado - 1980 Tchau - 1984 O Meu Amigo Pintor - 1987 Nós Três - 1987 Livro, um Encontro - 1988 Fazendo Ana Paz - 1991 Paisagem - 1992 Seis Vezes Lucas - 1995 O Abraço - 1995 Feito à Mão - 1996 A Cama - 1999 O Rio e Eu - 1999 Retratos de Carolina - 2002 Aula de Inglês - 2006 Sapato de Salto - 2006 Dos Vinte 1 - 2007

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Lygia Bojunga Nunes: o seu universo ideolóxico . Casa da Lygia Bojunga .

Categoría:Escritores do Brasil Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Nados en Pelotas Categoría:Nados en 1932