Marcos Seixo Pastor, nado en Lugo en 1959, é un historiador e investigador galego da etnografía e a literatura galega.
Traxectoria Profesor de Lingua e Literatura no Instituto Valle Inclán de Pontevedra. Como músico formou parte dos grupos Verbo Xido e Quinta Feira. Na faceta de escritor cómpre destacar como autor das primeiras biografías de Roberto Blanco Torres e Xoán Xesús González, a edición dalgunhas das súas obras, así como distintos traballos sobre a represión franquista e algúns artigos en distintos medios. É membro da Asociación Cultural O Meigallo de Cuntis, da Comisión pola Memoria Siñor Afranio e coordinador, dende 1999, da revista cultural A Taboada, na que ten publicado traballos de carácter histórico, literario e etnográfico.
Obra Investigación Roberto Blanco Torres, 1998, A Nosa Terra. Xoán Xesús González: canteiro, xornalista, escritor e político, 2007, Ir Indo. A loita permanente de Xoán Xesús González, 2008, A Nosa Terra.
Edicións Xornalismo irmandiño, de Roberto Blanco Torres, 1999, A Nosa Terra. A modelo de Paco Asorei de Xoán Xesús González, 2002, Xerais. Felisa de Xoán Xesús González, 2007, Fervenza.
Obras colectivas Roberto Blanco Torres. Vida e obra, 1999, Xerais. Roberto Blanco Torres: vida, obra e pensamento, 2002, Edicións Fouce, A Estrada. Con Belén Pazos Touriño e Pilar Pena Búa. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. A represión franquista en Galicia. Actas do Congreso da Memoria de Narón, 2003. Xornalistas con opinión, 2007, Galaxia. Homenaxe a Antón Alonso Ríos e Ramón de Valenzuela, Xunta de Galicia.
Véxase tamén Ligazóns externas Memoria de Cuntis (blog de Marcos Seixo)
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1959