No universo de Star Wars os Sith son un grupo de seguidores do Lado Escuro da Forza (véxase "Forza (Star Wars)"). Son os inimigos dos Jedi.

A palabra Sit significa "fada" en celta.

Introdución

Un Sith é unha raza sensible á Forza, do mesmo xeito que o son os Jedi. Con todo, os Sith diferéncianse moito destes últimos. Un Jedi obtén o poder na Forza mediante a meditación, a paz interior, e o dominio do medo, así como do odio, o anoxo e a agresividade. Os Sith fan todo o contrario, co mesmo obxectivo (que é o poder na Forza). Eles non dominan para nada o seu temor, pola contra, este termina axudándoos. Cando loitan fano con odio, violencia, e furia, que pode chegar a converterse en ira.

De feito, a ideoloxía Sith consiste no actuar con anoxo, e non con sabedoría e lóxica. Consiste tamén en que un Sith debe obter o poder para se beneficiar soamente a si mesmo, o cal é contrario aos Jedi, que queren o poder para manter a paz na galaxia e beneficiar aos demais.

A vantaxe que posúen os Sith sobre os Jedi é que os primeiros utilizan o Lado Escuro e non o Lado Luminoso da Forza. E sucede que o Lado Escuro outorga poder máis fácil e rapidamente, debéndose isto a que é máis doado odiar que acougar o odio. Pero á súa vez, os Sith teñen unha desvantaxe, que é que o poder pódese volver en contra deles, volvéndoos tan malvados, egoístas, egocéntricos, tiranos e desapiadados que terminan sen ter absolutamente ningún ser querido excepto, obviamente, eles mesmos, por iso é moi común que un aprendiz traizoe ao seu mestre.

Os Sith utilizan sabre láser de cor vermella, a cal representa o poder, a paixón, o odio e a morte. O cristal que produce a cor vermella na espada de luz é artificial e creada polos mesmos Sith, a diferenza dos que producen as cores azul e verde, as cales son atopadas en cavernas naturais. Estas dúas últimas cores, entre outras poucas, son usadas polos Jedi, que representan a paz, a sabedoría e a orde.

Código Sith Este código Sith é o que aparece en Knights of the Old Republic:

A paz é unha mentira, só existe o odio. O amor é unha mentira, só existe a paixón. A través da paixón, obteño fortaleza. A través da fortaleza, obteño poder. A través do poder, obteño a vitoria. A través da vitoria, as miñas cadeas son rotas. A Forza libérame.

Grandes Figuras do Sith Xendor, O primeiro Jedi Escuro. Darth, O máis importante e hábil dos Señores escuros algunha vez existentes, e puro na Raza sith Maul Ororchi, Fillo e sucesor de Darth. Darth Basus, Antigo Señor escuro dos Sith Ajunta Pall, Lord Escuro dos Sith Marka Ragnos, Lord Escuro dos Sith. Ludo Kressh, Lord Escuro dos Sith Naga Sadow, Lord Escuro dos Sith. Freedon Nadd, Lord Escuro dos Sith e traidor Jedi Exar Kun, Lord Escuro dos Sith durante a Guerra Sith. Ulic Qel-Droma, Jedi gardián da emperatriz Teta e cabaleiro Sith en segredo. Darth Revan, Jedi líder nas Guerras Mandalorianas e Lord Escuro do Sith despois. Darth Malak, aprendiz de Revan e logo Lord Escuro do Sith. Darth Bandon, aprendiz de Darth Malak. Darth Joss, Lord Escuro dos Sith. Darth Sion, Lord Escuro dos sith logo de Darth Malak e aprendiz de Darth Traya. Darth Nihilus, Lord Escuro dos sith e aprendiz de Darth Traya. Darth Traya, Lady Escura dos sith. Dathka Graush, un dos primeiros Lores Escuros do Sith Darth Bane, Lord Escuro dos Sith, único supervivente Sith de Ruusan. Darth Zannah, Lady Escura dos Sith e aprendiza de Bane. Darth Plagueis, Lord Escuro dos Sith mestre de Darth Sidious Darth Sidious, Lord Escuro dos Sith, Palpatine "o Emperador" Darth Maul, Lord Sith aprendiz de Darth Sidious. Darth Tyranus, Lord Sith tamén coñecido como Conde Dooku, aprendiz de Darth Sidious, un Jedi caído. Darth Vader, Lord Sith antes coñecido como Anakin Skywalker Jerec, Lord Escuro dos Sith que descobre o Val do Jedi. Foi asesinado por Kyle Katarn Yun, Primeiro Cabaleiro sith de Jerec. Enfrontouse a Kyle Katarn e este, perdooulle a vida. Logo, traizoa ao seu mestre salvándolle a vida e entregándolle o seu Sabre de Luz a Kyle Katarn. Desann (Darth Sann), Lord Sith que se enfrontou a Kyle Katarn Sariss Aprendiza e unha dos 6 cabaleiros sith do lord Escuro Jerec Lumiya, Lady Escura dos Sith, aprendiza de Vader e primeira Sith da Nova Orde Sith. Darth Talon. Señora Twilek escura do Sith. Mara Jade, A Man do Emperador, que trala morte do Emperador uniuse á Nova República, e máis adiante casa con Luke Skywalker e ten un fillo chamado de Ben Skywalker. Maw. Aprendiz de Jerec. Foi asasinado por Kyle Katarn en Ruusan. Boc. Un dos seis jedis escuros de Jerec. Foi asasinado por Kyle Katarn no Val dos Jedis.

Categoría:Star Wars

de:Jedi#Sith