thumb|Vista aérea Hungaroring é un autódromo localizado nas proximidades de Budapest, Hungría, que alberga anualmente o Gran Premio de Hungría de Fórmula 1. Foi o primeiro Gran Premio da categoría en realizarse tras o Pano de aceiro en 1986.

Historia

Bernie Ecclestone quería organizar unha carreira na URSS, pero un amigo húngaro recomendoulle Budapest. Querían un circuíto urbano similar á Mónaco que se construiría no parque público de Népliget o parque máis grande de Budapest, pero o goberno decidiu construír un novo circuíto nos arredores da cidade preto dunha estrada importante. As obras de construción comezaron o 1 de outubro de 1985. Construíuse en oito meses, menos tempo que calquera outro circuíto de Fórmula Un. A primeira carreira celebrouse o 24 de marzo de 1986, en memoria de János Drápal, o primeiro húngaro que gañou unha carreira nun Gran Premio de motociclismo. Segundo unha enquisa elaborada pola oficina de turismo nacional de Hungría, Mogyoród ocupa o terceiro lugar entre os destinos húngaros visitados polos turistas, por detrás da area da Curva do Danubio e o Lago Balaton, pero por diante de Budapest. O circuíto ten licenza FIA Grao 1. 250px|miniatura|Trazado de Hungaroring desde 1989 ata 2002 thumb|Vista da entrada

Descrición

O Gran Premio dispútase no medio do verán, que adoita ser moi caloroso e seco nesta rexión. A súa primeira carreira de Gran Premio con choiva foi en . O circuíto xeralmente está cuberta de po debido á infrautilización en todo o resto do ano e ao seu chan areoso. Como o circuíto atópase nun val preto do 80 por cento da pista pódese ver desde calquera punto.

En condicións normais, un circuíto pouco transitado caracterízase polo feito de volverse máis rápido a medida que a pista se vai engomando durante a fin de semana. No entanto, este non é o caso de Hungaroring, xa que un maior tránsito implica maior cantidade de po na pista, o cal compensa o efecto positivo do caucho sobre o asfalto. Por esta mesma razón, o circuíto favorece a aqueles pilotos que saen antes que os demais nas roldas de clasificación.

As características do autódromo (con moitas curvas, fochancas e abundante po fóra da liña de carreira) fan que os adiantamentos non sexan frecuentes. Por iso, asóciase a Hungaroring con carreiras procesionais e pobres en emocións. Aínda así, Hungaroring foi escenario de varias carreiras memorables, como os duelos de Nelson Piquet e Ayrton Senna, a perda da roda de Nigel Mansell en , a vitoria de Mansell desde o 12º lugar na grella logo dun adiantamento dramático a Ayrton Senna en 1989, o segundo posto de Damon Hill con Arrows en , o cambio de estratexia de Michael Schumacher para vencer aos McLaren de Mika Häkkinen e David Coulthard en e as vitorias de Hill en , Fernando Alonso en , Jenson Button en no primeiro Gran Premio coa pista mollada, Heikki Kovalainen en , e a segunda vitoria para Daniel Ricciardo en , superando ao Mercedes de Lewis Hamilton e o Ferrari de Alonso utilizando pneumáticos brandos moi degradados na penúltima volta, logrando unha vitoria incrible.

Características

Capacidade espectadores: 70.000 Lonxitude do circuíto: 4´381 quilómetros. Distancia da carreira de Fórmula 1: 70 voltas = 306´670 quilómetros. 14 curvas en total (8 a dereita e 6 a esquerda). Configuración aerodinámica: alta/moi alta. Velocidade máxima estimada 305 km/h con DRS, 295 km/h sen DRS Aceleración a fondo: 55% do tempo de volta. Tempo de freado: 14% do tempo da volta. Total de combustible necesario para a distancia de carreira: Consumo de combustible: kg por volta. Cambio de marchas por volta: Número de zonas de freado: Desgaste dos freos: alto Desgaste dos pneumáticos: medio Distancia dos Boxes: Perda de tempo nunha parada en boxes: Tempo total necesario para a parada en boxes: 16 segundos (media) Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´35 segundos. Marca volta: Lewis Hamilton, Mercedes – 1’16.627 en

Pilotos

Hungaroring coroou dous pilotos nos seus 20 anos de historia: tanto Nigel Mansell en 1992 e Michael Schumacher en 2001 lograron aquí o título de Campión do Mundo. Por outra banda, o equipo WilliamsF1 tamén logrou o campionato de construtores en Hungaroring en .

Tanto o húngaro Zsolt Baumgartner como o polaco Robert Kubica fixeron o seu debut nesta pista como os primeiros pilotos de F1 dos seus países.

O Gran Premio de Hungría de 2006 foi o primeiro gran premio baixo a chuvia en Hungaroring. Viu a retirada de moitos pilotos, incluíndo os candidatos ao campionato Fernando Alonso e Michael Schumacher e deu a Jenson Button e o renacido equipo Honda a súa primeira vitoria. Fernando Alonso con Renault tamén obtivo aquí a súa primeira vitoria nun Gran Premio en , como resultado declarou que é o seu circuíto favorito.

De acordo ás declaracións e entrevistas, os pilotos teñen diferentes opinións sobre a pista. Mentres que moitos, como Ayrton Senna, Nigel Mansell, Michael Schumacher, Lewis Hamilton, e Fernando Alonso encántalles, moitos outros consideran a pista demasiado lenta, quente e esixente.

A pista nomeou varias curvas curvas: A curva 4 leva o nome de Nigel Mansell, onde perdeu unha roda durante o Gran Premio de Hungría de 1987. A curva 11 leva o nome de Jean Alesi tralo seu grande accidente alí durante a cualificación para o Gran Premio de Hungría de 1995.

O sábado 25 de xullo de 2009, na segunda rolda de clasificación para o Gran Premio de Hungría en Hungaroring, o piloto de Ferrari Felipe Massa resultou ferido na cabeza, aínda que protexido polo casco o piloto foi golpeado por un resorte de suspensión que caera do Brawn GP de Rubens Barrichello durante a carreira a alta velocidade. Quedou inconsciente, e posteriormente estrelouse de fronte contra unha barreira de pneumáticos. Massa foi posteriormente trasladado en helicóptero ao hospital AEK de Budapest, onde foi sometido a unha cirurxía na zona que rodea o ollo esquerdo. A súa condición foi descrita inicialmente como "moi grave, pero estable", pero mellorou rapidamente. Massa foi dado de alta do hospital a semana seguinte e regresou a Brasil. Logo de máis probas, decidiuse que Massa necesitaba unha placa de titanio inserida no cranio.

Os afeccionados

Aínda que a maioría dos afeccionados estranxeiros son de Alemaña e Austria, Hungaroring tamén viu tradicionalmente unha grande afluencia de afeccionados finlandeses, isto atribúese especialmente á falta dun Gran Premio escandinavo. Coa perda da Gran Premio de Austria en 2003, converteuse no evento da Fórmula 1 máis próximo para os afeccionados doutros países de Europa central. Pero, o Gran Premio de Austria regresou de novo en 2014. A carreira de 2006 viu a moitos espectadores de Polonia debido ao debut do seu primeiro piloto de Fórmula Un, Robert Kubica.

Algúns din que Hungaroring é similar en estilo ao Circuíto de Mónaco, polas súas curvas pechadas e reviradas. O primeiro cambio no deseño da pista levouse a cabo en , cando a chicana logo da actual curva tres (unha medida temporal feita durante a construción debido ao descubrimento dun manancial) eliminouse. En 2003, a recta principal alargouse en aproximadamente 200 m., e a forquita ao final da recta tamén se estreitou coa intención de facilitar a máis oportunidades de adiantamento, así como un estreitamento na curva 13.

O contrato prolongouse ata , aínda que a publicidade do tabaco está prohibida desde 2007.

Hungaroring é a base do automobilismo en Hungría. Ademais da Fórmula Un, tamén foi sede de carreiras da DTM e Campionato FIA GT. En 2011, foi sede da primeira edición da FIA WTCC Race of Hungary. Unha carreira pública de drag dispútase cada mes.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Mogyoród Nº Ano Piloto Construtor Motor Pneu. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade Data GP de 1 Nelson Piquet Williams Honda 2:00:34,508 h 4,014 km 76 151,804 km/h 10. agosto Hungría 2 Nelson Piquet Williams Honda 1:59:26,793 h 4,014 km 76 153,239 km/h 9. agosto 3 Ayrton Senna McLaren Honda 1:57:47,081 h 4,014 km 76 155,401 km/h 7. agosto 4 Nigel Mansell Ferrari Ferrari 1:49:38,650 h 3,968 km 77 167,197 km/h 13. agosto 5 Thierry Boutsen Williams Renault 1:49:30,597 h 3,968 km 77 167,402 km/h 12. agosto 6 Ayrton Senna McLaren Honda 1:49:12,796 h 3,968 km 77 167,857 km/h 11. agosto 7 Ayrton Senna McLaren Honda 1:46:19,216 h 3,968 km 77 172,424 km/h 16. agosto 8 Damon Hill Williams Renault 1:47:39,098 h 3,968 km 77 170,292 km/h 15. agosto 9 Michael Schumacher Benetton Ford 1:48:00,185 h 3,968 km 77 169,737 km/h 14. agosto 10 Damon Hill Williams Renault 1:46:25,721 h 3,968 km 77 172,248 km/h 13. agosto 11 Jacques Villeneuve Williams Renault 1:46:21,134 h 3,968 km 77 172,372 km/h 11. agosto 12 Jacques Villeneuve Williams Renault 1:45:47,149 h 3,968 km 77 173,295 km/h 10. agosto 13 Michael Schumacher Ferrari Ferrari 1:45:25,550 h 3,972 km 77 174,062 km/h 16. agosto 14 Mika Häkkinen McLaren Mercedes 1:46:23,536 h 3,972 km 77 172,481 km/h 15. agosto 15 Mika Häkkinen McLaren Mercedes 1:45:33,869 h 3,975 km 77 173,965 km/h 13. agosto 16 Michael Schumacher Ferrari Ferrari 1:41:49,675 h 3,975 km 77 180,348 km/h 19. agosto 17 Rubens Barrichello Ferrari Ferrari 1:41:49,001 h 3,975 km 77 180,368 km/h 18. agosto 18 Fernando Alonso Renault Renault 1:39:01,460 h 4,381 km 70 185,811 km/h 24. agosto 19 Ferrari Ferrari 1:35:26,131 h 4,381 km 70 192,802 km/h 15. agosto 20 Kimi Räikkönen McLaren Mercedes 1:37:25,552 h 4,381 km 70 188,859 km/h 31. xullo 21 Jenson Button Honda Honda 1:52:20,941 h 4,381 km 70 163,773 km/h 6. agosto 22 Lewis Hamilton McLaren Mercedes 1:35:52,991 h 4,381 km 70 191,898 km/h 5. agosto 23 Heikki Kovalainen McLaren Mercedes 1:37:27,067 h 4,381 km 70 188,684 km/h 3. agosto 24 2009 Lewis Hamilton McLaren Mercedes 1:38:23,876 h 4,381 km 70 186,973 km/h 26. xullo 25 2010 Mark Webber Red Bull Renault 1:41:05,571 h 4,381 km 70 181,989 km/h 1. agosto 26 2011 Jenson Button McLaren Mercedes 1:46:42,337 h 4,381 km 70 172,416 km/h 31. xullo 27 2012 Lewis Hamilton McLaren Mercedes 1:41:05,503 h 4,381 km 69 179,391 km/h 29. xullo 28 2013 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:42:29,445 h 4,381 km 70 179,507 km/h 28. xullo 29 2014 Daniel Ricciardo Red Bull Renault 1:53:05,058 h 4,381 km 70 162,691 km/h 27. xullo 30 2015 Sebastian Vettel Ferrari Ferrari 1:46:09,985 h 4,381 km 69 170,816 km/h 26. xullo 31 2016 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:40:30,115 h 4,381 km 70 183,059 km/h 24. xullo 32 2017 Sebastian Vettel Ferrari Ferrari 1:39:46,713 h 4,381 km 70 184,386 km/h 30. xullo 33 2018 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:37:16,427 h 4,381 km 70 189,668 km/h 29. xullo 34 2019 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:35:03,796 h 4,381 km 70 193,532 km/h 4. agosto 35 2020 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:36:12,473 h 4,381 km 70 191,230 km/h 19. xullo 36 2021 Esteban Ocon Alpine Renault 2:04:43,200 h 4,381 km 70 147,512 km/h 1. agosto 37 2022 Max Verstappen Red Bull RBPT 1:39:35.912 h 4,381 km 70 km/h 31. xullo 38 2023 Max Verstappen Red Bull Honda RBPT 1:38:08,634 h 4,381 km 70 187,478 km/h 23. xullo 39 2024 Oscar Piastri McLaren Mercedes 1:38:01,989 h 4,381 km 70 187,694 km/h 22. xullo 40 2025 Lando Norris McLaren Mercedes 1:35:21.231 h 4,381 km 70 192,968 km/h 3. agosto 41 2026 Lando Norris McLaren Mercedes 1:39:56,180 h 4,381 km 70 184,095 km/h 26. xullo

RécordsPiloto: Lewis Hamilton (8), Michael Schumacher (4), Ayrton Senna (3)Nacionalidade: Reino Unido (15), Brasil/Alemaña (ambos 6)Construtor: McLaren (14), Ferrari/Williams (ambos 7)Motor: Mercedes (15), Renault (9), Ferrari (7)Pneus: Pirelli (16), Goodyear (13), Bridgestone (9)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Circuítos do DTM Categoría:Deporte en Hungría