(Mapa para daltónicos) Problemas de visión co verde e vermello. O Índice de Desenvolvemento Humano ou IDH é un índice estatístico composto que vén sendo empregado polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) dende 1993, avaliando o desenvolvemento humano dos estados do mundo.

O índice foi desenvolvido en 1990 polo economista paquistanés Mahbub ul Haq e o economista indio Amartya Sen About HDRO ..

Criterios de avaliación Educación: para avaliar a dimensión da educación o cálculo do IDH considera dous indicadores. O primeiro é a taxa de alfabetización, considerando a porcentaxe de persoas maiores de 15 anos de idade. O segundo é a taxa bruta de escolarización, combinando as medidas das taxas para a educación primaria, secundaria e superior. Lonxevidade: a lonxevidade é avalidada considerando a esperanza de vida ó nacer, que permite a medición indirecta da satisfacción de bens materiais esenciais tales como o acceso a unha alimentación sa, á auga potable, a unha vivenda digna, a unha boa hixiene e a coidados médicos. Nivel de vida/renda: calcúlase mediante o logaritmo do Produto Interior Bruto por habitante en paridade de poder adquisitivo, en dólares. Engloba os elementos da calidade de vida que non son descritos polos dous índices anteriores, como a mobilidade ou o acceso á cultura.

Cálculo do IDH O IDH calcúlase como a media aritmética dos índices de lonxevidade, nivel de educación e nivel de vida ou renda. (onde = Lonxevidade, = Educación e = Renda)

O cálculo destes índices vén dado no seguinte cadro: + Cálculo dos índices que compoñen o Índice de Desenvolvemento Humano. Índice Medida Valor mínimo Valor máximo Fórmula Lonxevidade esperanza de vida ó nacer (EV) 25 anos 85 anos Educación Taxa de alfabetización (TA) 0% 100% Taxa bruta de escolarización (TBS) 0% 100% Renda logaritmo do PIB por habitanteen paridade de poder adquisitivo 100 USD 40 000 USD

Clasificación do IDH No informe publicado en 2007 o Índice de Desenvolvemento Humano oscila entre Islandia cun índice de 0,968 na primeira posición ó 0,336 de Serra Leoa no posto 177.

Os estados clasifícanse en 3 grandes grupos_ Estado con desenvolvemento humano alto (IDH ≥ 0,8): 70. Estado con desenvolvemento humano medio (0,5 ≤ IDH < 0,8): 85. Estado con desenvolvemento humano baixo (IDH < 0,5): 22.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Lista de países por Índice de Desenvolvemento Humano

Ligazóns externas 2007 UN Human Development Index Report (PDF). 2006 UN Human Development Index Report (PDF). 2005 UN Human Development Index Report (PDF). 2004 UN Human Development Index Report (PDF). 2020 INFORME SOBRE DESARROLLO HUMANO (PDF) CONSULTA DE DATOS ONLINE ACTUALIZADOS

Categoría:Socioloxía Categoría:Economía