A Mocedade Galeguista de Santiago era a organización xuvenil da agrupación local do Partido Galeguista de Santiago de Compostela. Integrouse na Federación de Mocedades Galeguistas cando se formou en 1934. Domingo Fernández del Riego era o seu secretario xeral. A MG de Santiago formábana principalmente estudantes da Universidade e a súa principal reivindicación foi a da súa galeguización, realizando moitas das súas actividades a través da Federación Universitaria Escolar (FUE) que contaba cun importante sector galeguista.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Forzas políticas de Galicia Categoría:Mocidades políticas de España Categoría:Partido Galeguista Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes