As linguas inuit son un grupo de linguas faladas polos inuit (esquimós). Estes idiomas pertencen á familia lingüística esquimó-aleutiana.
Variedades O inuktitut é o dialecto dos Inuit do Ártico oriental canadense. Tamén se usa o termo para referirse ao idioma no seu conxunto , aínda que é máis un contínuum dialectal que unha única lingua; este contínuum pódese dividir, aproximadamente, en dezaseis variedades de catro grupos:
Inupiaq (Alasca setentrional). Inuinnaqtun (Ártico occidental canadense). Inuktitut (Ártico oriental canadense). Kalaallisut ou groenlandés (Groenlandia).
Entre todas as variedades, o número de falantes de inuktitut é duns 80.000. O número de falantes de inuktitut, entendido como dialecto é duns 20.000.
O dialecto inuktitut pódese dividir en tres subdialectos principais e máis diversos subgrupos: Keewatin - Falado na costa occidental da baía de Hudson. Baffin - Falado nas illas setentrionais da baía de Hudson, especialmente, e máis como o propio nome suxire, na Illa de Baffin. Nunavik/Labrador - Falado a oeste da Baía de Hudson, e, como o nome indica, en Nunavik, no norte do Quebec e no Labrador.
O keewatin tende a ser máis conservador, mantendo a maior parte dos grupos consonánticos, mentres que os dialectos nunavik son máis radicais (por exemplo - o keewatin Inuktitut é en nunavik Inuttitut).
Lingüística Están relacionados coa lingua aleuta e, xunto con ela, forman a familia esquimó-aleutiana. Non se logrou demostrar ningún parentesco distante con outras linguas, aínda que hai quen cre que o inuktitut podería ter relación coas linguas indoeuropeas.
Vocabulario O inuktitut, como outros idiomas esquimó-aleutianos, representa un tipo particular de lingua aglutinante, denominado idioma polisintético: sintetiza un radical e varios morfemas gramaticais para crear longas palabras co significado de oracións. Un aspecto interesante é a antroponimia. Algúns dos nomes son: 'Ujaraq' (rocha), 'Nasak' (gorro ou caparucha), 'Tupiq' (tenda), 'Qajaq' (caiac) etc. Tamén existen antropónimos que son nomes de animal: 'Nanuq' (oso polar), 'Uqalik' (lebre ártica) etc. Un terceiro grupo está formado por nomes de persoas que se refiren a unha peculiaridade anatómica, mais que non describe a persoa que leva o antropónimo senón que deriva dunha longa sucesión de persoas que teñen a mesma ánima. Entre os exemplos disto temos: 'Itigaituk' (sen pés), 'Usuiituk' (sen pene), 'Tulimak' (costela) etc.
Fonoloxía
O inuktitut ten quince consoantes e tres vogais (que poden ser longas ou curtas). As consoantes pronúncianse en cinco puntos de articulación -bilabial, alveolar, palatal, velar e uvular- e tres modos de articulación. Isto dá lugar ás seguintes consoantes:
p, t,k — non aspiradas. q . v, l. j . g — . r . m, n. ng. s. ł. (kl) .
e as vogais:
a . i . u .
A duplicación da vogal indica o alongamento do son.
Palabras para "neve"
Existe unha crenza popular segundo a cal o inuktitut ten un gran número de palabras para designar a neve. Isto non é exacto e resulta dun malentendido a respecto da natureza das linguas polisintéticas. De feito, o inuktitut ten tan só unhas poucas raíces léxicas para "neve": 'qanik', quere dicir "folerpas de neve no aire", e 'aput', "a neve no chan". Con elas forman palabras máis longas, mercé o uso de afixos que describen calidades da neve, do mesmo xeito que en galego se utilizan adxectivos ou preposicións: "branca-neve" "neve-derretida" ou "neve-callada".
O silabario canadense dereita|miniatura|200px|Silabario canadense O silabario inuktitut que se utiliza no Canadá baséase no silabario cree, que, á súa vez, está baseado no ojibwa. Ambos os dous foron creados polo misioneiro James Evans. O silabario inuktitut canadense foi adoptado polo Instituto Cultural Inuit do Canadá (Inuit Cultural Institute in Canada) nos anos 70. Os iñupiaq de Alasca e Groenlandia utilizan o alfabeto latino e os inuit de Siberia o alfabeto cirílico.
Status legal O inuit é idioma oficial nas seguintes áreas:
Groenlandia - (groenlandés, xunto co danés). Nunavut (Canadá) - (Inuktitut e inuinnaqtun, xunto co inglés e o francés) Territorios do Noroeste (Canadá) - (Inuktitut, inuinnaqtun e inuvialuktun, xunto co chipewyan, o cree, o inglés e o francés, gwich'in, eslave e tli cho).
Tamén no Quebec (Canadá), o inuktitut é a lingua oficial de instrución nos distritos escolares inuit de Nunavik (norte do Quebec).
Véxase tamén
Outros artigos Esquimó Pobos inuit Pobos iupik
Ligazóns externas
Dicionario inuktitut - inglés
Categoría:Linguas esquimó-aleutianas Categoría:Linguas amerindias do Canadá Categoría:Linguas aglutinantes