A Penadauga é un lugar da parroquia de Escuadro, Silleda no concello de Silleda que está preto da parroquia de Graba. No ano 2011 tiña 15 habitantes (9 homes e 6 mulleres). Patrimonio
Neste lugar estivo situada a escola Bernardino Rivadavia, creada pola Sociedad Hijos de Silleda.
A Peneda da Santa Isabel é unha formación xeolóxica, na que se celebra unha romaría nos primeiros días de xullo. Dise que a peneda cura as afeccións da pel. Segundo a tradición oral, apareceu unha imaxe da santa e os veciños de Graba e Escuadro reclamaron a figura para si, e a solución foi subila a un carro tirado por bois, e deixala onde os animais se detivesen.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Escuadro
Parroquias de Silleda
Notas
Categoría:Lugares de Silleda