Pradolongo é un filme galego dirixido por Ignacio Vilar que se estreou no 2008. Rodado integramente en galego, a rodaxe fíxose na comarca de Valdeorras. Está protagonizado por Tamara Canosa, Rubén Riós, Mela Casal e Roberto Porto.

Sinopse Pradolongo é a historia de tres amigos da infancia que ven como a súa amizade se deteriora a raíz das diferenzas de clase e dos conflitos amorosos que xorden nas súas vidas. Raquel, Martiño e Armando son tres amigos que acaban de cumprir a maioría de idade. O verán preséntase como todos os demais, con festas ou tardes no río, pero esta vez nada vai ser igual. O amor que os dous rapaces comezan a sentir por Raquel e a posible venda de Pradolongo (un prado de alta montaña pertencente á familia de Martiño) á empresa do pai de Armando, obrígaos a reconsiderar os soños e vencellos que os mantiveron unidos dende a infancia.

Personaxes Rubén Riós como Martiño Tamara Canosa como Raquel Roberto Porto como Armando Mela Casal como Maruxa Gonzalo Rei Chao como Xervasio Carlos Sante como Roi Antonio Mourelos como Lourenzo Cristina Rodríguez como Loli Laura Álvarez como Neves Belén Constenla como Lurdes Pepo Suevos como Xosé Manuel Ricardo de Barreiro como Celestino Fernando Dacosta como Pedro Marcos Viéitez como Ramón Antón Olmos como Pepe

Recepción Pradolongo estreouse nos cines galegos o 14 de marzo de 2008, cunha distribución limitada de 6 copias en salas comerciais, e no ano da estrea tivo 17.879 espectadores e recadou € 82.715,80. A súa recadación total dende a súa estrea ascende a €153.487,30. Ademais, saíu á venda cunha edición en DVD e Blu Ray, sendo o primeiro filme galego comercializado neste formato de alta definición.

Por outra banda, estreouse na TVG o 31 de marzo de 2009, sendo un dos filmes con maior audiencia da TVG, con 190.000 espectadores e un 20,0% de audiencia.

O 17 de abril de 2010, estreouse nas salas Cinemax de Braga, converténdose no primeiro filme en galego estreado en Portugal.

Galardóns e nomeamentos A música do filme, obra de Zeltia Montes, gañou o premio Jerry Goldsmith en 2008, e en 2009 foi candidata aos premios Hollywood Music in Media Awards, na categoría de mellor composición novel. O filme recibiu en 2008 o IV premio cidade de San Sebastián Film Comission, galardón integrado na sección Made In Spain do Festival de San Sebastián.

Premio Cidade de San Sebastián 2008. Film Commission. 56 Edición do Festival de Cine de San Sebastián. Premio Especial na XIII Edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, 2008. Premio Jerry Goldsmith Mellor Banda Sonora e Mellor Composición Novel, Zeltia Montes. IV Congreso Internacional de Música de Cine Cidade de Úbeda 2008. Premio “Director’s Choice Gold Medal for Excellence. Park City Film Music Festival. Utah. USA. 2009 Premio Moondance Atlantis Award de la Banda Sonora Moondance International Film Festival de Colorado. (USA). 2009 Premio “Hollywood Music in Media Awards", Pradolongo nomeada na categoría "Best New Composer" (Mellor Compositor Novel/ Revelación). Os Ánxeles. USA. 2009.

Premios Mestre Mateo Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) a actriz Tamara Canosa recibiu o galardón de mellor interpretación feminina protagonista por este filme. Ano Categoría Receptor Resultado2ª ediciónMellor filmeIgnacio VilarNomeadoMellor directorIgnacio VilarNomeadoMellor actrizTamara Canosa GañadoraMellor montaxeGuillermo RepresaNomeadoMellor música orixinalZeltia MontesNomeadaMellor fotografíaAlberto Díaz "Bertirxi"Nomeado

Galería de eventos promocionais e actores do filme

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas Páxina oficial da película

Pradolongo en AVG

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Ignacio Vilar Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes de Vía Láctea Filmes Categoría:Filmes ambientados en Galicia