O Condado de Tyrone (Contae Tír Eoghain en irlandés, Coontie Owenslann en escocés do Ulster) é o maior dos seis condados de Irlanda do Norte, un dos condados tradicionais da illa de Irlanda, que se localiza na provincia do Ulster.

Posúe unha área de 3,155 km² e é o sétimo dos 32 condados irlandeses en tamaño e o oitavo por poboación. É o segundo máis grande dos 9 condados da provincia do Ulster e o cuarto por poboación.

A capital de Tyrone é Omagh. Castlederg e Coalisland son outras poboacións importantes. Antigamente Tyrone chegaba até o Lago Foyle, no norte, incluíndo parte do actual Condado de Londonderry.

Divídese en catro distritos:

Cookstown Dungannon Omagh Strabane

Topónimo O nome Tyrone provén do irlandés Tír Eoghain ("terra de Eógan"). Eógan/Eoghan era fillo do rei Niall Noígíallach, e irmán de Conall Gulban, quen lle deu o seu nome ao reino de Tír Chonaill.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Subdivisións en Irlanda do Norte Ligazóns externas Website do Condado de Tyrone

Categoría:Condados de Irlanda