Ámsterdam ou ÁmsterdanOutras fontes empregan a forma Ámsterdan (Universidade de Vigo ) () é a capital e cidade máis grande dos Países Baixos, situada na provincia de Holanda Setentrional no oeste do país. A cidade ten unha poboación de 760.000 habitantes, un millón e medio se se conta a súa área metropolitana. Ademais a cidade forma parte do Randstad (xunto coas cidades de Rotterdam e A Haia), a sexta das conurbanizacións máis grandes de Europa, cunha poboación de ao redor de 6,7 millóns de habitantes.

O seu nome deriva de Amstel Dam, indicativo da orixe da cidade: unha presa (dam) no río Amstel, que se atopaba no que hoxe é a praza Dam. Asentada como unha pequena aldea de pescadores no século XII, Ámsterdan chegou a ser un dos portos máis importantes do mundo no século XVII, durante a Idade de Ouro Neerlandesa, como resultado dos seus innovadores desenvolvementos no campo do comercio. O centro histórico da cidade foi construído en gran parte durante esta época e é hoxe en día un dos centros históricos máis grandes de Europa. Naquela época construíronse unha serie de canles semicirculares ao redor do casco antigo xa existente da cidade. É coñecida coloquialmente como a "Venecia do norte".

A cidade é a capital financeira e cultural dos Países Baixos. Moitas das máis grandes institucións neerlandesas teñen aquí a súa sede, estando entre elas 7 das 500 compañías máis importantes do mundo, como Philips ou ING. As súas históricas canles, o Rijksmuseum, o Museo van Gogh, a casa de Anne Frank, o seu barrio vermello e os seus numerosos coffee-shops, son as principais atraccións de Ámsterdan, que atraen a 4,2 millóns de turistas cada ano.

Historia

miniatura|esquerda|Ámsterdan en 1538. Nos principios da súa existencia, Ámsterdan non era máis nada que un pobo de pescadores. Segundo as lendas, a cidade foi fundada por dous pescadores da provincia norteña de Frisia, que por casualidade acabaron nas beiras do río Amstel nunha barquiña xunto ao seu can.

A data tradicional da fundación da cidade é o 27 de outubro de 1275, data na que se lles retirou aos seus habitantes a obriga de pagar peaxes, que por entón estaban asociados coas pontes neerlandesas. No ano 1300 concedéronlle os dereitos oficiais de cidade. A partir do século XIV Ámsterdan comezou a florecer como centro comercial, maioritariamente a base do comercio con outras cidades neerlandesas e alemás, coñecidas como a Liga Hanseática.

No século XVI, comezou o conflito entre os neerlandeses e Filipe II de España. Esta confrontación causou unha guerra que durou 80 anos, e que finalmente lle deu aos Países Baixos a súa independencia. Xa por esa época, despois da ruptura con España, a república neerlandesa ía gañando fama pola súa tolerancia con respecto ás relixións. Entre outros, buscaban refuxio en Ámsterdan xudeus sefardís de Portugal e España, comerciantes de Anveres, e hugonotes de Francia, que nos seus países eran perseguidos pola súa relixión.

O século XVII considérase a súa Idade de Ouro. A principios dese século, Ámsterdan converteuse nunha das cidades máis ricas do mundo. Dende o seu porto, saían embarcacións cara ao mar Báltico, América do Norte, África e as terras que agora representan Indonesia e o Brasil. Desta forma foi creada a base dunha rede comercial mundial. Os comerciantes de Ámsterdan posuían a maior parte da Compañía Holandesa das Indias Orientais ou VOC. Esta organización instalouse nos países que logo pasarían a ser colonias de Holanda. Nesa época Ámsterdan era o principal porto comercial de Europa e o centro financeiro máis grande do mundo. A Bolsa de Ámsterdan foi a primeira que funcionou a diario.

miniatura|esquerda|A praza Dam a finais do século XVII

A poboación da cidade medrou lixeiramente de 10.000 no ano 1500, a 30.000 ao redor do ano 1570. No ano 1700 este número xa acadara os 200.000. Durante os séculos XVIII e XIX e até antes da primeira e segunda guerra mundial, o número de habitantes incrementou a non menos dun 300%, acadando os 800.000 habitantes. A partir de entón, e até a actualidade, o número foi relativamente constante.

Tralas guerras entre a república de Holanda e o Reino Unido e Francia, durante o século XVIII e a principios do século XIX, a prosperidade da cidade deixou de florecer. Sobre todo as Guerras Napoleónicas arrebataron as fortunas de Ámsterdan. A pesar diso, cando se estableceu oficialmente o Reino dos Países Baixos no ano 1815, a situación comezou a mellorar. Neste período unha das persoas clave das novas iniciativas foi Samuel Sarphati, un médico e planificador urbano, que trouxo a súa inspiración dende París.

As últimas décadas do século XIX adóitanse denominar como a "segunda Idade de Ouro", porque entre outros, construíronse novos museos, unha estación de tren e o Concertgebouw, que é o teatro musical da cidade. No mesmo período chegou á cidade a Revolución Industrial. Construíronse novas canles e vías marítimas para así mellorar a conexión entre Ámsterdan e o resto de Europa.

miniatura|200px|O Keizersgracht de noite. Xusto antes de que empezase a primeira guerra mundial a cidade comezouse a expandir, construíndo novos barrios residenciais nos arredores. Durante esta guerra, os Países Baixos tomaron unha posición neutral, mais aínda así a poboación sufriu moita fame e unha grave falta de subministración de gas.

Tempo despois o Terceiro Reich invadiu os Países Baixos o día 10 de maio de 1940, tomando o control da nacións despois de cinco días de loita. Os alemáns instalaron un goberno civil nazi en Ámsterdan, que se encargaba da persecución dos xudeus. Tamén os neerlandeses que axudaban e protexían ás vítimas foron perseguidos. Máis de 100.000 xudeus foron deportados a campos de concentración. Entre eles atopábase Anne Frank. Só 5.000 xudeus sobreviviron a guerra. Durante os últimos meses da guerra, en 1945, a comunicación co resto do país cortouse e a poboación sufriu unha grave escaseza de comida e enerxía. Moitos habitantes de Ámsterdan tiveron que ir ao campo en procura dalgún tipo de alimentación. Para sobrevivir, consumíronse cans, gatos ou os bulbos das flores. Moitas árbores de Ámsterdan usáronse para obter enerxía, igual que a madeira das casas dos que desapareceran.

Xeografía e clima miniatura|Imaxe satélite de Ámsterdan Como parte da provincia de Holanda Setentrional, Ámsterdam está situada no noroeste dos Países Baixos, preto sas provincias de Utrecht e Flevoland. O río Amstel remata no centro da cidade nun gran número de canles que, eventualmente, desembocan no río IJ. Ámsterdam está situada 2 metros por riba do nivel do mar e as terras que a rodean son chaira, xa que está formada por grandes pólderes. Cara ao suroeste da cidade hai unha fraga artificial chamada Amsterdamse Bos. Ámsterdam está conectada co Mar do Norte a través dun Canal.

Ámsterdam está intensamente urbanizada. Comprende 219,4 quilómetros cadrados de terra, contando cunha axeitada densidade de de 4459 habitantes e 2275 casas por quilómetro cadrado.Kerncijfers Amsterdam 2007 Os parques e reservas naturais constitúen o 12% da superficie.Openbare ruimte en groen: Inleiding

A cidade ten un clima moderado, baixo forte influencia do Océano Atlántico ao oeste e os ventos que provén del. Os invernos adoitan ser fríos, pero non extremos, aínda que temperaturas baixo cero son moi frecuentes. Adoita nevar dous ou tres días ao ano. Os veráns son calorosos con temperaturas ao redor dos 25 °C, mais tampouco extremas, agás algunha onda de calor. O que sucede é que se trata dun clima extremadamente húmido polo que os 25 graos poden resultar moi abafantes.

Aínda que a cidade sofre moitos días chuviosos, non recibe máis de 760 mm de precipitacións ao ano e case sempre se trata de chuvascos moi moderados. Isto é porque o tempo é moi inestable e nun mesmo día pódense dar todas as posibilidades: sol, choiva, nubes, saraiba etc.

Arquitectura e paisaxe urbana

miniatura|dereita|Fotografía aérea do centro de Ámsterdan. A zona máis antiga de Ámsterdan coñécese como de Wallen (os peiraos). Ao oeste da zona atópase a Damrack, a rúa principal da cidade, onde está o famoso barrio vermello, e ao sur está o antigo barrio xudeu de Waterlooplein. Dende o século XVII un feixe de canais concéntricos rodea o corazón da cidade, son os Grachtengordel, onde destaca a especial beleza das súas edificacións. A praza de Museumplein, onde se atopan os principais museos, o Vondelpark, un parque do século XIX chamado así polo escritor neerlandés Joost van den Vondel ou a veciñanza de Plantage, co zoo de Artis, son algúns dos belos lugares que podemos atopar no Grachtengordel. Alén dos Grachtengordel están as antigas áreas de traballadores de Jordaan e de de Pijp.

Algunhas partes da cidade e o dos arredores da zona urbana son pólderes, que se poden recoñecer polo sufixo -meer que significa lago, como por exemplo en Aalsmeer, Bijlmermeer, Haarlemmermeer, ou Watergraafsmeer.

Canles miniatura|Bote no Prinsengracht Os sistema de canles de Ámsterdan é resultado dunha concienciada planificación urbanística.Amsterdamse Grachten A comezos do século XVII, cando a inmigración estaba en auxe, un plan foi desenvolto pensando nunha serie de catro canles semicirculares concéntricas, que remataban no IJ. Coñecidos como Grachtengordel, tres desas canles foron principalmente para o desenvolvemento residencial: o Herengracht (Canle dos Cabaleiros), Keizersgracht (Canle do Emperador), e Prinsengracht (Canle do Príncipe). A cuarta canle, a máis exterior, é a Singelgracht, construída para a defensa e a xestión de augas. Ademais o plan prevía: a conexión das canles ao longo dos radios; a creación dunha serie de canles paralelas no barrio de Jordaan, principalmente para fins de transporte; converter a antiga canle defensiva Single (non confundir coa Singelgracht) nunha zona residencial e comercial; e por último construír máis de cen pontes.

miniatura|Canle de Nieuwezijds Voorburgwal, agora reenchida, en 1885

A construción comezou en 1613, de oeste a leste. As construcións de canles no sector sur foi finalmente rematada en 1656, iniciándose lentamente a construín de vivendas residenciais. A parte leste do plan, que abarcaba a zona do Amstel e da IJ, nunca foi levada a cabo.

A expansión de Ámsterdan Despois do desenvolvemento das canles en Ámsterdan no século XVII, a non medrou máis aló das súas fronteiras durante dous séculos. Durante o século XIX unha serie de plans foron concibidos para expandir a cidade, o primeiro dos cales era de Samuel Sarphati. O urbanista ideou un plan baseado na grandeza de París e Londres da época. O plan consistía na construción de novas vivendas, edificios públicos e rúas nas aforas dos grachtengordel porén, o principal obxectivo do plan era mellorar a saúde pública. Aínda que o plan non era expandir a cidade, erguéronse algúns dos maiores edificios públicos até a data, como o Paleis voor Volksvlijt.Samuel SarphatiSamuel Sarphati

Logo de Sarphati, Van Niftrik e Kalff deseñaron un anel enteiro de veciñanzas que rodeaban o centro da cidade no século XIX. A maioría destes barrios convertéronse en fogar da clase obreira.Amsterdam Oud-Zuid

A comezos do século XX, con Ámsterdan superpoboado, comezou unha escaseza de espazo vital. En resposta a isto deseñáronse dous plan moi diferentes de calquera outra cousa que a cidade vira antes: o Plan Zuid, deseñado polo arquitecto Hendrik Petrus Berlage, e o West. Estes plans consistían no desenvolvemento de novos barrios con bloques de vivendas para tódalas clases sociais.Uitbreidingsplan Berlage Plan-Berlage ]