Para ver outras persoas chamadas Quique Costas, acuda á páxina de homónimos correspondente.
Enrique Álvarez Costas, chamado Quique Costas, nado en Vigo o 16 de xaneiro de 1947 é un ex xogador de fútbol e adestrador galego.
Traxectoria Comeza a xogar no equipo de afeccionados do Sociedade Deportiva Amanecer do Grove, logo pasa ás categorías inferiores do Celta de Vigo e en 1965, con 18 anos, debuta en segunda división co Celta. Estando neste equipo debuta na selección española de fútbol nun encontro o 11 de febreiro de 1970 contra a Alemaña do Leste, e tamén con el ascende a primeira división. En abril de 1971 ficha polo FC Barcelona, onde xogará nove temporadas, ata 1980.
Cando se retira adestrou o equipo filial do FC Barcelona B en diversas ocasións, a última ata 2007.Guardiola releva a Quique Costas como técnico del equipo filial, El Mundo, 21/06/07
Palmarés
Como xogador Barcelona Primeira División (1): 1973/74. Copa do Rei (2): 1970/71 e 1977/78. Recopa de Europa (1): 1978/79.
Como adestrador Barcelona B Segunda División B (2): 1990/91, 2001/02.
Vida persoal É pai dos tamén xogadores Quique Álvarez Sanjuán e Óscar Álvarez Sanjuán.
Notas
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do FC Barcelona B Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes