A , tamén coñecida como , foi unha dinastía chinesa que gobernou o val do río Amarelo durante o segundo milenio a.n.e., sucedendo á dinastía Xia e sendo substituída pola dinastía Zhou occidental, segundo a tradición. A descrición clásica deste período procede de textos coma o Shujing (en ), o Zhushu jinian (en ) e o Shiji (en ). A investigación actual sitúa a dinastía entre os séculos XVI e XI a.n.e., sendo a data de remate máis precisa cá do seu comezo.

Os Shang son a dinastía máis antiga da historia da China da que se ten evidencia arqueolóxica firme. O sitio de Yinxu, preto da actual cidade de Anyang, correspóndese coa derradeira capital dos Shang, Yin. As escavacións de Yinxu revelaron once grandes tumbas reais, os alicerces de antigos palacios e mais os restos de animais e humanos sacrificados en ritos oficiais de estado.

Para alén das descubertas arquitectónicas, atopáronse en Yinxu miles de artefactos de bronce, xade, pedra, óso e cerámica. Ademais, nel apareceron os exemplos máis temperáns de escritura chinesa, principalmente textos de propósito divinatorio inscritos en ósos oraculares (en xeral, cunchas de tartaruga ou escápulas de boi). Entre as décadas de 1920 e 1930 descubríronse máis de 20 000 ósos oraculares, e dende entón apareceron máis de 80 000. Estas inscricións ofrecen información esencial sobre áreas tan diversas como a política, a economía, as prácticas relixiosas, a arte ou a medicina.

Soberanos da Dinastía Shang Orde de reinado Anos de reinado Nome en Chinés Pinyin Notas 01 29 湯 Tāng Un rei sabio; derrocou ao tirano Jié (桀) de Xià (el 夏) 02 02 外丙 Wài Bǐng   03 04 仲壬 Zhòng Rén   04 33 太甲 Tài Jiǎ   05 29 沃丁 Wò Dǐng   06 25 太庚 Tài Gēng   07 36 小甲 Xiǎo Jiǎ   08 12 雍己 Yōng Jǐ   09 75 太戊 Tài Wù   10 11 仲丁 Zhòng Dīng   11 15 外壬 Wài Rén   12 09 河亶甲 Hé Dǎn Jiǎ   13 19 祖乙 Zǔ Yǐ   14 16 祖辛 Zǔ Xīn   15 20 沃甲 Wò Jiǎ   16 32 祖丁 Zǔ Dīng   17 29 南庚 Nán Gēng   18 07 陽甲 Yáng Jiǎ   19 28 盤庚 Pán Gēng Move a capital a Yin (Anyang); idade de ouro dos Shang 20 21 小辛 Xiǎo Xīn   21 21 小乙 Xiǎo Yǐ   22 59 武丁 Wǔ Dīng Primeiro nome histórico; ósos oraculares con protoescritura chinesa 23 07 祖庚 Zǔ Gēng   24 33 祖甲 Zǔ Jiǎ   25 06 廩辛 Lǐn Xīn   26 06 庚丁 Gēng Dīng Kang Ding (康丁 Kāng Dīng) 27 04 武乙 Wǔ Yǐ   28 03 太丁 Tài Dīng Wen Ding (文丁 Wén Dīng) 29 37 帝乙 Dì Yǐ   30 33 帝辛 Dì Xīn Zhòu (紂), Zhòu Xīn (紂辛) ou Zhòu Wáng (紂王)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Historia da China

Categoría:Historia da China