1978 A edición inaugural do Festival Internacional do Mundo Celta, o primeiro deste tipo celebrado en España, tivo lugar na chaira do colexio de Ortigueira o 30 de xullo de 1978, durante as festas patronais do municipio. A súa organización correu a cargo exclusivamente por persoal da Escola de gaitas (Xabier Andrés Garrote Cobelo, José María Álvarez Marías, Álvaro Fernández Polo, Jesús Losada Otero e Francisco Bermúdez Garrote), fundada 3 anos antes, e o seu orzamento foi de 1 millón de pesetas —uns 6000 euros— que se recadaron mediante a venda de entradas. Asistiron 9000 persoas e as actuacións musicais tiveron que suspenderse polas fortes choivas. Grupos e artistas participantes na 1ª edición do festival. 30 de xullo de 1978 Antón Seoane Escola de gaitas de Ortigueira Rodrigo Romaní Faíscas do Xiabre
1979 A segunda edición celebrouse durante os días 19, 20 e 21 de xullo de 1979. No ano da formación de Milladoiro, esta foi a primeira das moitas ocasións nas que o grupo actuou no festival. Acompañáronos outros artistas de renome como Emilio Cao e The Boys of the Lough. Grupos e artistas participantes na 2ª edición do festival. 19–21 de xullo de 1979 Xocaloma Milladoiro Raparigos Cromlech The Clutha Boys of the Lough Emilio Cao Kevrenn Brest Sant Mark Cowhie Irish Dance Group Escola de gaitas de Ortigueira
1980 A terceira edición celebrouse o 19 e 20 de xullo de 1980. O escaso apoio institucional, o concello de Ortigueira, por exemplo, só achegou 50 000 pesetas —uns 300 euros—; motivou que a organización se vise desbordada e incapaz de xestionar os 20 000 asistentes a esta edición. O caos organizativo provocou diversos incidentes e desordes que foron duramente aplacados pola Garda Civil. Grupos e artistas participantes na 3ª edición do festival. 19–20 de xullo de 1980 borda|249x249px Airiños do Parque de Castrelos Asociación de coros e danzas Eidos Dick Gaughan Swansea Jack Cowhie Irish Dance Group Na Casaidigh Pat Kilbride Milladoiro Escola de gaitas de Ortigueira
1981 A cuarta edición celebrouse o 18 e 19 de xullo de 1981. Volveu contar coa participación de Milladoiro e do grupo irlandés Na Casaidigh, que estiveron acompañados polos bretóns Bleizi Ruz e varios grupos galegos e asturianos. Asistiron a esta edición entre 15 000 e 20 000 espectadores. Grupos e artistas participantes na 4ª edición do festival. 18–19 de xullo de 1981 borda|247x247px Na Casaidigh The Willie Cochrane Scottish Band Escola de gaitas de Ortigueira Kevrenn Brest Sant Mark Bleizi Ruz Bedwen Haf Jake Walton Sementeira DOA Raparigos Milladoiro Grupo de danzas Abadía
1982 A quinta edición desenvolveuse durante os días 17 e 18 de xullo de 1982 e nela participou por primeira vez unha banda de gaitas escocesa, The Royal Scots, pertencente ao rexemento homónimo do exército británico acantonado en Edimburgo. Incrementouse a presenza policial para evitar os incidentes e desordes da edición anterior, que non se volveron repetir, e asistiron aos concertos unhas 20 000 persoas. Grupos e artistas participantes na 5ª edición do festival. 17–18 de xullo de 1982 borda|250x250px The Royal Scots Blei Mor Joe & Antoinette McKenna Battlefield Band Bleizi Ruz DOA Milladoiro Xorima Trasgu Escola de gaitas de Ortigueira
1983 A sexta edición do festival celebrouse nun único día, o 24 de xullo de 1983, para o que estaba programada a actuación de Milladoiro, Gwerz e Pennoù Skoulm, entre outros. Os concertos tiveron que suspenderse debido á intensa choiva. Grupos e artistas participantes na 6ª edición do festival. 24 de xullo de 1983 Os Rosales Milladoiro Pat Kilbride Band Kornog Gwerz Pennoù Skoulm Escola de gaitas de Ortigueira
1984 A sétima edición celebrouse entre os días 21 e 22 de xullo de 1984. Foi a primeira edición con apoio institucional, patrocinada polo concello da localidade e tamén con financiamento da Dirección de Cultura e Deporte da Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia. O sábado 21 de xullo programouse o espectáculo de teatro na rúa Festa rachada, a cargo da compañía Titirití e coproducido polo Centro Dramático Galego, ao que seguiron as actuacións de 4YN e Bar Masant (gales), os escoceses da Battlefield Band e os grupos galegos Muxicas e Na Lúa. O día 22 celebrouse o desfile de bandas e as actuacións das bandas Xiada, Bishopbriggs pipe band, Escola de gaitas de Ortigueira, Pennoù Skoulm e Milladoiro, que volveron intervir no festival por quinto ano consecutivo. Grupos e artistas participantes na 7ª edición do festival. 21–22 de xullo de 1984 borda|262x262px Battlefield Band 4 YN Bar Mabsant Muxicas Na Lúa Fiadeiro Pennoù Skoulm Milladoiro Xiada Bishopbriggs pipe band Escola de gaitas de Ortigueira
1985 A oitava edición celebrouse entre os días 20 e 21 de xullo de 1985. Cun orzamento de 7 000 000 de pesetas (42 000 euros) convocou a máis de 200 artistas da música celta e folk, coa actuación estelar de Bleizi Ruz e Milladoiro. Esta foi a primeira edición na que o acceso ao festival foi totalmente gratuíto, formato que mantería en todas as edicións posteriores, pero a pesar da gratuidade, a afluencia de público foi moito menor que en anos anteriores. Grupos e artistas participantes na 8ª edición do festival. 20–21 de xullo de 1985 borda|250x250px Folla revirada Joe & Antoinette Mckenna Bagad Questembert Xorima Xegui Shegui Bleizi Ruz Escola de gaitas de Ortigueira Vos pequeniños Xaramugo Banda municipal de gaitas de Vilanova Terra meiga Beleño British Airways Pipes and Drums Milladoiro Skolvan
1986 A novena edición celebrouse durante os días 19 e 20 de xullo de 1986. A principal actuación deste ano foi a do músico bretón Alan Stivell, que logrou reunir a máis de 20 000 espectadores no seu concerto durante a xornada de clausura. Grupos e artistas participantes na 9ª edición do festival. 19–20 de xullo de 1986 borda|243x243px Alan Stivell Oskorri The Tannahill Weavers Banda de gaitas Xarabal Lliberdón Beleño Beeston & District Pipe Band Society Tebra Banda infantil de gaitas de Ribeira Lembranzas dá terra
1987 A que sería a décima, e última edición da primeira etapa, celebrouse durante os días 17, 18 e 19 de xullo de 1987. Nesta edición creouse unha área de aparcadoiro gratuíto, mellorouse a infraestrutura de servizos e da zona de acampada, tamén libre e gratuíta en todas as edicións do festival. Pese ao esforzo da organización a asistencia de público foi escasa, o que unido ás dificultades para obter financiamento, motivaron a suspensión do festival. Grupos e artistas participantes na 10ª edición do festival. 17-19 de xullo de 1987esquerda|miniatura Os Raparigos Ubiña Llug Miro Banda de gaitas de Mugardos Banda de gaitas da Deputación de Ourense Banda de gaitas Semente Nova Alecrín Fairport Convention Arco da Vella Kormoran Brath Yeusin
1995 En 1995 regresou o festival tras unha ausencia de sete anos. A 11ª edición celebrouse durante os días 4, 5 e 6 de agosto grazas ao financiamento achegado pola Deputación da Coruña, a Consellería de Cultura e Mocidade da Xunta de Galicia e o concello de Ortigueira, uns 12 millóns de pesetas para esta edición. A concellaría de cultura asumiu por completo a organización do festival e dotouno dos medios e do persoal necesario para relevar as funcións desempeñadas gratuitamente até entón polos compoñentes da Escola de gaitas de Ortigueira e voluntarios da localidade. Nomeouse tamén a un director do festival con dedicación exclusiva, o produtor e representante de músicos folk, Rául Piñeiro, falecido en 2013. Grupos e artistas participantes na 11ª edición do festival. 4–6 de agosto de 1995 Fol de Niu Na Lúa Dean Davy Spillane Andy Irvine Luétiga Escola de gaitas de Ortigueira Mauchline and District Pipe Band Bágoa dá Raíña Banda de gaitas Semente Nova Banda de gaitas de Cea Banda de gaitas Robaleira Alain Genty
1996 A edición número 12 celebrouse entre os días 13 e 21 de xullo de 1996. Xosé Manuel Budiño e Kepa Junkera foron os artistas máis destacados, nesta a súa primeira participación no festival e lograron convocar nos seus concertos entre 15 000 e 20 000 persoas.Falta a |url= (Axuda) Falta a |url= (Axuda) O domingo 21 de xullo tivo lugar a xornada de clausura do festival co tradicional desfile de bandas que nesta ocasión contou coa intervención da Mauchline and District Pipe Band, a Escola de gaitas de Ortigueira e as bandas de gaitas de Villaviciosa, Mañón e Manzaneda. Grupos e artistas participantes na 12ª edición do festival. 13–21 de xullo de 1996 Kepa Junkera Xosé Manuel Budiño Callino Vos Cempés Mauchline and District Pipe Band Llan de Cubel Bágoa dá Raíña Dervish Mick Ou'Brien Escola de gaitas de Ortigueira Ronsel Banda de gaitas de Villaviciosa Banda de gaitas de Mañón Banda de gaitas de Manzaneda
1997 A 13ª edición do Festival de Ortigueira, desenvolveuse entre os días 18 e 20 de xullo de 1997. Nese ano volveron participar Xosé Manuel Budiño e Kepa Junkera, xunto coa cantante e instrumentista Mercedes Peón e a banda escocesa Peatbog Faeries como cabezas de cartel. O toque exótico púxoo a banda MacUmba e a súa peculiar fusión de gaita escocesa e percusión caribeña e brasileira.
Durante a xornada de clausura celebrouse o tradicional desflie de bandas coa Escola de gaitas de Ortigueira, as bandas de gaitas de Cerdido e de Mañón e a banda de gaitas da Bretaña francesa, Bagad Concerneau.Falta a |url= (Axuda) Grupos e artistas participantes na 13ª edición do festival. 18–20 de xullo de 1997 Escola de gaitas de Ortigueira Bágoa dá Raíña Pat Kilbride Band Kern Peatbog Faeries Neilston & District Pipe Band Castro Bergidum Bierzo Bagad Concerneau Banda de gaitas de Cerdido Banda de gaitas de Mañón Xosé Manuel Budiño Kepa Junkera Mercedes Peón Glaz Lliberdón MacUmba
1998 A edición número 14 do festival celebrouse durante os días 17, 18 e 19 de xullo de 1998. Berrogüetto e a banda asturiana Felpeyu foron os grupos máis destacados ese ano e estiveron acompañados por MacUmba, Bagad Concarneau e Danú, entre outros, que actuaron ante os 30 000 asistentes do evento.Falta a |url= (Axuda)
Con motivo do seu vixésimo aniversario realizouse unha exposición fotográfica que repasaba a historia do festival desde a súa creación, a través das fotografías de Álvaro Fernández Polo, un dos seus fundadores en 1978.Falta a |url= (Axuda) Grupos e artistas participantes na 14ª edición do festival. 17–19 de xullo de 1998 Berrogüetto Bagad Concarneau Domine cabra MacUmba Escola de gaitas de Ortigueira Ronsel Felpeyu Danú Bágoa dá Raíña Skedz
1999 A 15ª edición do Festival de Ortigueira desenvolveuse entre os días 16 e 18 de xullo de 1999. Contou cun orzamento de quince millóns de pesetas —uns 90 000 euros—, achegados polo concello de Ortigueira, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.Falta a |url= (Axuda) Os 25 000 asistentes a esta edición atenderon aos concertos dos gaiteiros Cristina Pato e Mick Ou'Brien, que actuaban por primeira vez neste festival. Participaron tamén outros grupos veteranos como Skolvan ou Bleizi Ruz, que xa actuaran nas primeiras edicións do festival, a principios da década de 1980.Falta a |url= (Axuda)
O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira foi declarado Festa de interese turístico de Galicia o 24 de xuño de 1999. Grupos e artistas participantes na 15ª edición do festival. 16–18 de xullo de 1999 Kevrenn Brest Sant Mark Stow Pipe Band Escola de gaitas de Ortigueira Cristina Pato Deaf Shepherd Domine cabra Ronsel Skolvan Mick Ou'Brien Bleizi Ruz Banda de gaitas Brisas do Cabo Gamelas e anduriñas Bágoa dá Raíña
2000 A décimo sexta edición celebrouse durante os días 14, 15 e 16 de xullo de 2000.