260px|miniatura|O río Adour o seu paso por Baiona miniatura|260px|O Adour en Aire-sur-l'Adour O Adour (en vasco Aturri e en occitano Ador) é un río francés da Gascoña, Occitania que verte as súas augas no Atlántico logo dun curso de 335 km.

Percorrido Nace nos Pireneos no Pic de Midi de Bigorre, fluíndo desde aí cara ao oeste en busca do océano Atlántico, no cal desemboca, en Laburdi, augas abaixo da cidade de Baiona, practicamente en Anglet.

É o cuarto río máis importante de Francia dos que tributan ás súas augas na fachada atlántica, despois do Sena, o Loira e o Garona, aínda que a súa lonxitude é superada por ríos afluentes como o Dordogne.

Departamentos e localidades principais que atravesa Altos Pireneos: Bagnères de Bigorre, Tarbes, Maubourguet Gers: Riscle Landes: Aire-sur-l'Adour, Grenade-sur-l'Adour, Saint-Sever, Dax, Tarnos Pireneos Atlánticos: Baiona

Principais afluentes Pola beira dereita: Arros Midouze

Pola beira esquerda: Échez Luy os Gaves reunidos, formados pola unión do Gave de Pau e do Gave d'Oloron Bidouze Nive, xúntase ao Adour en Baiona.

Economía O Adour no pasado era unha importante vía de transporte de madeira, que se conducía a través das súas augas até o porto de Baiona. Esta actividade mantívose até inicios do século XX, momento no que non puido soportar a competencia do ferrocarril, máis rápido e barato. Aínda hoxe, con todo, é unha boa vía por onde se saca o millo cultivado nas terras interiores.

O río é dos poucos que en Europa aínda se conservan con augas nas que afrezoan ou desovan os salmóns (Salmo salar).

Adour, Río Categoría:Ríos cantábricos