Meixomence é un lugar da parroquia de Ponte no concello pontevedrés de Silleda. No ano 2018 tiña 17 habitantes, deles 9 eran homes e 8 eran mulleres. Isto supón unha diminución no número de habitantes con respecto ao ano 2000.

Denominación O nome deste lugar deriva do vocábulo latino Maxuminici, un patronímico de Maxuminus, sendo este último un diminutivo do nome Maxumus ou Maximus. Por outra banda, parece plausible que Meixomence derivase de Beycomenzo ("bo comezo"), nome co que aparece designado un lugar na freguesía de Ponte en documentos antigos, aínda que noutros o nome do lugar aparecese como Meijomeso, Meijomeme ou Meijomence, sendo este último a súa versión castelanizada.

Xeografía É o lugar situado máis ao sur da parroquia. Está atravesado por unha corrente de auga, o regueiro de Meixomence, que conflúe no lugar de Rosende co río da Gouxa. Debido a este regueiro, non resulta estraño ver este lugar cuberto con néboa moitos días do inverno.

Destacan, nun plano superior, as instalacións da Feira Internacional de Galicia, construídas no monte deste lugar e en terreos da veciña parroquia de Silleda, recinto no que se celebra anualmente a Semana Verde de Galicia.

Poboación Evolución da poboaciónVV.AA. (1926): Enciclopedia Universal Ilustrada Europeo-Americana (Enciclopedia Espasa-Calpe). Ed. Espasa-Calpe, 70 vol.Padróns municipais do 2000, 2005, 2010 e 2011:

Historia En documentos do século XV aparece mencionado o coto de Beycomenzo, na freguesía de San Miguel de Ponte, que se atopaba baixo a xurisdición civil e criminal da Encomenda de Beade, rexida pola Orde de Malta, que segundo o Padre Sarmiento gobernaba en lugares das freguesías de Poulo (Gomesende) e Estás (Tomiño). En rexistros posteriores, Meixomence atopábase incluído no coto de Rosende, xunto cos lugares de Rosende e as Casas do Monte, baixo o dominio da encomenda antes citada"O couto de Rosende en 1753", artigo en Faro de Vigo, 27 de setembro de 2015 (consultado o 22/04/2016)..

Mediado o século XIX, o coto de Rosende disgrégase e as Casas do Monte deixa de pertencer a Ponte, quedando Meixomence como o lugar máis arredado do resto de núcleos de poboación, cunha ampla extensión de terreo a monte polo medio. Xa no século XX, a dificultosa comunicación cos demais lugares queda atrás coa construción dunha sinxela estrada dende O Outeiro ata a igrexa parroquial. Esta, sobre a cal se faría a PO-205, pasaba próxima ao lugar. Pero a construción da AP-53 convertería nunha nova barreira, esta vez artificial, respecto ao resto da parroquia.

Lugares e parroquias

Lugares de Ponte

Parroquias de Silleda

Notas

Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Lugares de Silleda