O topónimo Holanda pode referirse a:
Holanda, unha rexión histórica europea, nos Países Baixos, que antigamente foi un condado do Sacro Imperio Romano Xermánico e máis tarde un dos principais Estados membros da república das Provincias Unidas dos Países Baixos. Na actualidade o seu territorio abrangue as provincias de: Holanda do Norte e Holanda do Sur; por extensión, utilizado moi frecuentemente, o reino dos Países Baixos, estado europeo; o condado de Holanda (1100-1581), condado do Sacro Imperio que abarcaba, máis ou menos, o territorio das actuais provincias neerlandesas de Holanda do Norte e Holanda do Sur; o reino de Holanda, reino napoleónico e estado satélite de Francia entre 1806 e 1810. Outros usos holanda, un tecido fino, de fibras naturais, xenalmente de liño, pero hoxe tamén imitado con algodón, utilizado soibre todo para fabricar camisas, camisóns, sabas e outros produtos.