San Trocado de Santa Comba é unha parroquia do concello de Bande, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 201 habitantes, dos cales 93 eran homes e 108 mulleres.
Patrimonio Nesta parroquia atópase a igrexa de Santa Comba de Bande, da segunda metade do século VII.
Santa Comba na literatura popular Á entrada de Forcadas/ por ti parei perguntando:/ dixeron que estabas bo/ por eso veño cantando Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 31). As Forcadas, lugar da parroquia de San Trocado de Santa Comba, concello de Bande.. Chabacana de Forcadas,/ anque te laves e laves/ eres negra de nación/ e pouquerrichiño vales Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 61. No orixinal: Farcadas. As Forcadas, lugar da parroquia de Santa Comba, Bande.. Chabacanas en Forcadas/ e cañotas na Nogueira;/ o que queira boas mozas/ veña as buscar a Loubeira Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 62). As Forcadas, lugar da parroquia de Santa Comba, concello de Bande; Nogueira é lugar da parroquia de Monte Longo, no concello de Lobeira.. En Quintela hai boas mozas/ e no Pazo nada delas,/ en Santa Baia carnochas,/ ninguén quer cargar con elas Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 74. Quintela pode ser lugar das parroquias de Santa Comba ou do Ribeiro, no concello de Bande; Santa Baia é lugar de San Vicente de Lobeira, no concello de Lobeira. Eu esquirbinche unha carta/ na ala dunha paloma:/ lévalle moitas lembranzas/ ás mozas de Santa Comba Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 81. No orixinal: de unha. Hai unha Santa Comba en Bande e outra en Lobeira. Non sabemos a cal das dúas se referirá a cantiga. O lugarciño dos Chaus/ heino de fundir a tiros:/ as balas han de ser ouro/ i as municiós de sospiros Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 119. Chaos é lugar da parroquia de San Trocado de Santa Comba, no concello de Lobeira; Xaquín Lorenzo di que tamén pode referirse a un lugar chamado Chaus da Limia, en San Trocado de Santa Comba, parroquia do concello de Bande, pero este segundo non consta no Nomenclátor.. Santa Comba dá boas mozas,/ hainas en Grou pimpineiras,/ en Lubeira cubizosas/ i en Rubiás camanduleiras Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141. San Trocado de Santa Comba é parroquia do concello de Bande; Lubeira enténdese que é a parroquia de San Vicente de Lobeira; Rubiás é lugar da parroquia de Cadós, en Bande; Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.. Teño un amor na montaña,/ en Forcadas teño sete;/ a ti heicho da-lo si/ cando non veñas peneque Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 151. No orixinal: dalo, sí. As Forcadas é lugar da parroquia de Santa Comba, no concello de Bande..
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Santa Comba
Parroquias de Bande
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Bande
Categoría:Parroquias de Bande Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Trocado