Santa Cruz de Grou é unha parroquia do concello de Lobeira, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2021 tiña 138 habitantes, dos cales 65 eran homes e 73 mulleres, o cal supón un aumento con respecto ao ano anterior, cando contaba con 129, mais un descenso en relación cos anos 2017, cando tiña 147, e 2007, cando tiña 197.

Santa Cruz na literatura popular Aquile que anda no baille,/ aquile que agora entrou,/ ten o beillar apurado,/ nin que fora dos de Grou! Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 44. No orixinal: Áquile. Hai unha parroquia chamada Santa Cruz de Grou, en Lobeira; outra, San Mamede de Grou, en Lobios; e unha terceira, San Martiño de Grou, compartida polos dous concellos.. As mociñas de Gaiás/ acitan os cas/ cunha variña/ chisquilistrás Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48). Gaiás é un lugar da parroquia de Santa Cruz de Grou no concello de Lobeira.. As mociñas de Gaiás/ son poucas e mal unidas;/ andan caídas nos rincós/ tiradas polas esquinas Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48. No orixinal: caidas.. Baixa Canle, baixa Canle,/ que Baldemir xa baixou;/ pano fino, pano fino/ os que gastan os de Grou Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 52. No orixinal: Valdemir. A Canle, Baldemir e Torneiros son lugares da parroquia de San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira; Santa Cruz de Grou é outra parroquia do mesmo concello.. Baixa Canle, baixa Canle,/ que Baldemir xa baixou;/ Torneiros pano de seda/ do que gastan os de Grou Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 52. No orixinal: Valdemir.. Baixa Souto, baixa Souto,/ que a Nogueira xa baixou;/ pano fino, pano fino/ os que gastan os de Grou Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 53. Souto e Nogueira son lugares da parroquia de Monte Longo, no concello de Lobeira.. Cando te queiras casar/ busca viño de Xeás,/ panciño de Vilanova/ e carneiro de Gaiás Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 56. Xeás é lugar de San Salvador de Torno, concello de Lobios; Gaiás é lugar da parroquia de Santa Cruz de Grou, no concello de Lobeira; e San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia do concello de Celanova.. Canta cuco, canta cuco,/ na rabiza do arado;/ que as mulleres de Gaiás/ ten a cara de borrallo Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 57.. Hai unha mociña en Grou/ con tanto garbo e salero/ que cando vai paseando/ casque parez un torero Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 87). Non se pode saber a que Grou se refire: en Lobeira hai dúas parroquias con ese nome (San Martiño de Grou e Santa Cruz de Grou) e outras dúas en Lobios (San Martiño de Grou e San Mamede de Grou.. Hei de faguer unha ponte/ de peras e de fatós/ pra pasearen os mozos/ de Gaiás para Facós Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 88. Gaiás é un lugar da parroquia de Santa Cruz de Grou, e Facós da parroquia de San Vicente de Lobeira, ambas do mesmo concello de Lobeira. Xaquín Lorenzo engade que entre estas dúas aldeas só hai un regato que non precisa ponte para cruzalo.. Hei de faguer unha ponte/ de peras e de mazás/ pra pasearen os mozos/ de Facós cara Gaiás Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 88.. Igrexa de Santa Cruz/ feita de tella morena,/ dentro dela van rezar/ os ollos que me dan pena Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 89. No orixinal: de ela. Refírese á parroquia de Santa Cruz de Grou, no concello de Lobeira.. Iste pandeiro que toco/ non é meu, que é de Isabel,/ que llo pedín emprestado/ para ir ó San Miguel Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 90. Refírese á festa de San Miguel que se celebra no lugar de Gaiás (Santa Cruz de Grou, Lobeira) o 29 de setembro, aínda que Xaquín Lorenzo di en nota a rodapé que se fai o 29 de xullo.. Os mociños de Gaiás/ andan todos de corbata,/ que a gañaron onte a noite/ a conta do riquitraca Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 125. Gaiás é un lugar da parroquia de Santa Cruz de Grou no concello de Lobeira.. Os mociños de Gaiás/ védelos acolá van:/ os pequenos antre os grandes/ levan o paso do can Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 125..

Lugares e parroquias Lugares de Santa Cruz de Grou

Parroquias de Lobeira

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lobeira

Categoría:Parroquias de Lobeira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación da Santa Cruz