Johan Soárez de Pavia (ou Paiva)O seu nome aparece nos escritos medievais como Johã soarez de pauha, Johã Soares de Paiva, Johan Soarez de panha, Joham Soares de Pavha e Joan Soares de Pávha., foi un trobador posibelmente catalán que viviu entre os séculos XII e XIII. É o primeiro poeta galego-portugués coñecido, pois naceu pouco despois da batalla de Ourique, acontecida en 1139. Obra

Sábese que escribiu cantigas de amor hoxe perdidas. Só se conserva unha composición deste autor, que resulta ser o texto máis antigo dos conservados na lírica medieval galaico-portuguesa. Trátase da cantiga Ora faz ost´o senhor de Navarra, un sirventés satírico de tipo político no que abundan as referencias históricas e sociais á rexión navarro-aragonesa e que ten influencias da épica francesa. Pertence ao xénero das cantigas de escarnio e maldicir. Segundo os estudosos medievalistas Carlos Alvar e Vicenç Beltran, esta cantiga debeuse compoñer ao redor do ano 1200.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Trobadores en galego-portugués