Bersuit Vergarabat é un grupo arxentino de música. Logo duns primeiros discos de rock, fíxose notable a fins dos anos noventa por unir este xénero musical con ritmos latinoamericanos, como a cumbia, o cuarteto, a chacarera ou o candombe, e letras cargadas de críticas dirixidas ó sistema político e a sociedade.

Historia A banda formouse formalmente en 1988, cos membros de Henry y la Palangana. Na actualidade está constituída por Juan Carlos Subirá (teclados, acordeón e voz), Carlos Martín (batería e percusión), Oscar Humberto Righi (guitarra), Pepe Céspedes (baixo e voz), Daniel Suárez (voz e coros), Alberto Verenzuela (guitarra), Germán "Cóndor" Sbarbatti (voz, coros e charango); en formacións anteriores participaron tamén Charly Bianco (guitarra e voz), Rubén Sadrinas (voz) e Gustavo Cordera (voz),.

Discografía Álbums Y Punto (1991) Asquerosa Alegría (1992) Don Leopardo (1996) Libertinaje (1998) Hijos del Culo (2000) De la Cabeza Con Bersuit Vergarabat (2002, en vivo) La Argentinidad al Palo (2004) Testosterona (2005) Lados BV (2007) De Ahí Soy Yo (2007)

DVDs De la Cabeza (2004) La Argentinidad al Palo (2006)

Véxase tamén

Ligazóns externas páxina oficial de la banda letras ordenadas por disco

Categoría:Grupos musicais da Arxentina