György Ligeti, nado o 28 de maio de 1923 en Dicsőszentmárton (Transilvania) e finado o 12 de xuño de 2006 en Viena, foi un compositor romanés, se ben a súa vila natal pertencía anteriormente ao imperio austrohúngaro. Foi descrito como "un dos máis importantes compositores de vangarda da segunda metade do século XX".

Traxectoria Ligeti estudou no conservatorio de Cluj en 1941, onde tivo como profesor a Ferenc Farkas, un dos discípulos de Béla Bartók. En 1943 estivo na academia Franz Liszt de Budapest, onde aprendeu música e composición. Porén, coa chegada dos nazis foxe a Viena, aínda que os seus familiares foron enviados a Auschwitz. En 1949, rematada a guerra, regresa a Budapest para concluír a súa preparación musical. Unha década despois, en 1959, volveu a Viena, obtendo a nacionalidade austríaca en 1967.

As pezas máis coñecidas de Ligeti son as que apareceron na banda sonora dalgúns filmes de Stanley Kubrick, como 2001: Unha odisea do espazo ou Eyes Wide Shut.

Obra Escolma: Concert românesc para orquestra (1951) Cuarteto de corda nº 1, "Métamorphoses nocturnes" (1953-54) Glissandi, música electrónica (1957) Artikulation, música electrónica (1958) Apparitions para orquestra (1958-59) Atmosphères para orquestra (1961) Volumina para órgano (1961-62, revisado en 1966) Requiem para soprano e mezzosoprano solo, coro mixto e orquestra (1963-65) Cello Concerto (1966) Lux Aeterna para 16 voces solistas (1966) Lontano para orquestra (1967) Two Studies for organ (1967, 1969) Continuum para clavicémbalo (1968) Ramifications para 12 cordas solistas (1968-69) Cuarteto de corda nº 2 (1968) Ten Pieces for Wind Quintet (1968) Chamber Concerto para 13 instrumentistas (1969-70) Melodien para orquestra (1971) Double Concerto para frauta, óboe e orquestra (1972) Clocks and Clouds para 12 voces femininas (1973) San Francisco Polyphony para orquestra (1973-74) Piano Concerto (1985-88) Violin Concerto (1992) Hamburg Concerto para trompa solista e orquestra de cámara con 4 trompas naturais obligato (1998-99, revisado en 2003) Síppal, dobbal, nádihegedűvel: Weöres Sándor verseire (2000)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Compositores de Hungría Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2006