O comparativo ou tamén chamado ás veces ecuativo, é un caso que expresa a comparación, a asimilación ou a identidade. O ecuativo foi usado na historia por unhas poucas linguas. Foi empregado no sumerio.

Exemplos En sumerio, o ecuativo formábase engadindo o sufixo -gin7 ao nome: lugal - 'rei', lugal-gin7, 'coma un rei' nitah-kalaga - 'home forte', nitah-kalaga-gin7 - 'coma un home forte'

En oseto, o ecuativo é marcado pola terminación -ау (pron. [au]) : фæт — frecha, фæтау — coma unha frecha. Ницы фенæгау йæхи акодта — lit. Ren vedo-coma si mesmo fixo (« [el ou ela] finxiu non ver ren»)

En quechua, utilízase o sufixo -naw (variantes centrais) ou -hina (variantes periféricas) : khuchi-hina-n mikhu-n — Come coma un porco.César Itier, Parlons quechua, L'Harmattan, 1997 ISBN 2-7384-5602-2

Homonimia O ecuativo pode tamén designar un grao de comparación do adxectivo : é por tanto un sinónimo de comparativo de igualdade. O termo é empregado particularmente na descrición das linguas célticas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Caso gramatical. O comparativo galego.

Ligazóns externas Definición do comparativo (SIL International) .

Categoría:Morfosintaxe